
O Auditorio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) acollerá os días 28, 29 e 30 de outubro o quinto encontro asociativo xuvenil EMAX, que reunirá na vila arousá a mais de un millar de membros de asociacións de Galicia e do norte de Portugal. Os mozos e mozas representantes das entidades xuvenís terán a oportunidade de mostrar o seu traballo asociativo, así como de intercambiar experiencias e ideas.
Así o anunciou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo director para a rexión norte do Instituto Portugués da Juventude, Vítor Dias. No acto tamén estiveron presentes o alcalde da localidade, Tomás Fole; a concelleira de Xuventude, Marta Rodríguez.
O EMAX celébrase desde hai cinco anos alternando cidades galegas e portuguesas en 2010 celebrouse en Chaves- e está concebido como unha gran feira de emprendedurismo e participación para a mocidade. Está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, e polo Instituto Portugués da Juventude, en colaboración coa Federación Nacional de Asociaçoes Juvenís de Portugal, a Confederación de Empresarios de Galicia e a Fundación Galicia Europa. Conta con financiamento da Unión Europea a través do proxecto xuvenil Emprende, do programa de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal.
Para o director xeral de Xuventude o obxectivo principal desta mostra é o de expoñer á mocidade e á cidadanía en xeral o enorme potencial e a forza que teñen as asociacións xuvenís, así como demostrar que a través da participación e do asociacionismo os mozos e mozas poden conseguir levar a cabo proxectos moi interesantes de emprendedurismo.
O EMAX está dirixido de maneira principal a membros de asociacións ou grupos informais que teñan levado a cabo proxectos en común, ou que estean pensando en desenvolver accións de emprendedurismo. Sen embargo, este evento tamén está aberto á participación de mozos e mozas en xeral, que teñan entre 18 e 30 anos. As inscricións, gratuítas pero imprescindibles, realizaranse a través da plataforma web www.xuventude.net.
Para facilitar o desprazamento a Vilagarcía, os organizadores porán a disposición dos inscritos unha rede de autocares que percorrerán todas as comarcas de Galicia. Os participantes contarán dende a noite do venres ata o mediodía do domingo con aloxamento e mantenza en diferentes hostais e residencias xuvenís da cidade.
Os asistentes terán a oportunidade de participar en distintos tipos de actividades estruturadas por áreas: Área Emprende, Área Asocia e Área Informa + Inicia. Nestes espazos, os mozos e mozas participarán en mesas de asesoramento emprendedor e de asociacionismo, así como tamén se celebrarán diversos seminarios de traballo en torno ao asociacionismo, ou de habilidades e iniciativas.
O EMAX porá a disposición de cada entidade xuvenil participante un espazo para a exposición de ideas, actividades e proxectos, con zona de stands das diferentes entidades e colectivos participantes. Tamén haberá un espazo multimedia para a exposición dos traballos de creación e divulgación realizados por mozos e mozas.
No exterior desenvolveranse actividades de ocio alternativo para os mozos e mozas con actividades de multiaventura, rotas en galeón e dorna pola ría, talleres de graffiti ou actuacións musicais, teatrais, de monólogos e de maxia.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.