Notas de prensa

O pianista cubano Antonio Queija abre o ciclo Franz Liszt, o peregrino

O pianista cubano Antonio Queija Uz inaugura no Paraninfo da USC o ciclo de concertos "Franz Liszt, o peregrino’", promovido con motivo do segundo centernario do nacemento do compositor e pianista húngaro. O ciclo remata o 22 de novembro coa xaponesa Haruna Takebe.

Con motivo do segundo centenario do nacemento do compositor e pianista húngaro Franz Liszt, a Área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela organiza coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña un ciclo de concertos baixo o título "Franz Liszt, o peregrino’". Os recitais, todos eles ás 20:30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) con entrada libre ata completar o aforo, serán ofrecidos por tres pianistas.

A primeira cita será este martes 11 co intérprete cubano Antonio Queija Uz, que ofrecerá un programa que inclúe Valse Mefisto nº1: “O baile na taberna da vila”; Mazeppa (Estudo transcendental nº4); Nocturno nº3 “Soño de amor”; Rapsodia Húngara nº6; Sonata en Si menor; e Rapsodia española (Folies d’Espagne et jota aragonesa).

Antonio Queija (La Habana, 1963) licenciouse en música na Universidade das Artes da Habana. Desde 1994 reside en España, onde leva a cabo unha intensa actividade como concertista e docente na actualidade no Conservatorio Profesional de Música de Lugo, sendo un dos pianistas máis comprometidos coa música galega. En 1995 a crítica aclamou de forma unánime a súa interpretación do Concerto nº 1 de Liszt acompañado pola Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio de Congresos da Coruña e no Auditorio de Galicia de Santiago en 1995.

Os próximos concertos serán o martes, 18 de outubro, a cargo do pianista vigués Juan Ignacio Martínez Pardo e o martes 22 de novembro a cargo da xaponesa Haruna Takebe. O ciclo, cos mesmos intérpretes pero con contidos algo diferentes, tamén se presentará no Campus de Lugo na segunda quincena de novembro.

Franz Liszt

Liszt (Raiding, actual Hungría, 1811-Bayreuth, Alemaña, 1886) foi o precursor do recital para piano e o pianista máis influinte do século XIX, ademais dun dos innovadores da harmonía nesa época, sobre todo co uso de complicados acordes cromáticos.

Entre as súas 350 obras pianísticas destacan os doce Estudos de execución trascendental (1851), as vinte Rapsodias húngaras (1846-1885; nº 20 sen publicar), os Seis estudos sobre un tema de Paganini (1851), o Concerto nº 1 en mi bemol maior (1849; revisado en 1853), o Concerto nº 2 en la maior (1848; revisado en 1856-1861) e as pezas que forman os tres volumes de Anos de peregrinación (1855, 1858, 1877).

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2011-10-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES