Notas de prensa

1.300 escolares de 25 centros visitarán Typewriter. A historia escrita á máquina”

A través de guías pedagóxicos e de material educativo, os participantes coñecerán os cambios culturais e sociais que supuxo a escritura mecanizada, mergullaranse nas diferentes etapas históricas das pezas expostas e desenvolverán capacidades artísticas e comunicativas.

A Cidade da Cultura de Galicia vén de pór en marcha un programa de visitas didácticas para centros escolares co obxectivo de achegar o contido da exposición “Typewriter. A historia escrita á máquina” a estudantes, dende os niveis de Educación Infantil ata Bacharelato, incluíndo ós alumnos de Formación Profesional. No seu primeiro día de funcionamento son xa 25 os centros escolares que reservaron a súa praza para participar –en total case que 1.300 rapaces-.

Estas visitas, que rematará o 22 de decembro, terán lugar de luns a venres, nun horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Os centros interesados poden reservar a súa data cubrindo un formulario en www.cidadedacultura.org/visitasdidacticas. O número máximo de persoas por grupo será de 30. Para maior información, poden escribir a [email protected] ou chamar ao teléfono 659 343328.

Coa axuda dun equipo de guías con formación pedagóxica e a través de contos infantís, láminas e debuxos, actividades psicomotrices, xogos de rol, grupos de traballo para debater e reflexionar, os alumnos mergullaranse nas etapas históricas nas que foron fabricadas as diferentes máquinas de escribir que se exhiben e descubrirán como a escritura mecanizada revolucionou campos como a comunicación, o comercio e mesmo provocou importantes cambios sociais, facilitando, por exemplo, o ingreso masivo da muller no mundo do traballo.

Este programa dispón de material adaptado os diferentes niveis educativos. Con fin de preparar a visita na aula, os profesores e centros interesados poderán descargarse en www.cidadedacultura.org/visitasdidacticas un caderno dirixido aos docentes, outro con actividades para os alumnos e unha guía de contidos específicos.

Nesta mostra se expoñen unha escolma de 120 máquinas de escribir, procedentes da colección de más de tres mil pezas da familia viguesa Sirvent. Entre elas atópanse dende a primeira máquina fabricada industrialmente ata pezas tan curiosas como máquinas de escribir música, estenotipias, de escritura para cegos, de escritura encriptada para espías, de abecedario xaponés, árabe, ruso ou máquinas con símbolos da S.S., etc.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-10-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES