Notas de prensa

A Universidade de Vigo debate sobre literatura galega no VI Ciclo de Escritores/as na Universidade

Marilar Aleixandre e Bieito Iglesias abriron o VI Ciclo de Escritores/as na Universidade. Literatura galega hoxe, que adica novas sesións á poesía e ao teatro coa presenza de Quico Cadaval. AELG e Universidade de Vigo promoven este encontro.

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou hoxe na inauguración do VI Ciclo de Escritores/as na Universidade, onde destacou o importante papel da literatura tanto para a promoción do galego como para a difusión e a fixación da súa variedade estándar.

A inauguración do VI Ciclo de Escritores/as na Universidade. Literatura galega hoxe (alba de gloria ou solpor dos deuses). Os escritores/as perante a crise tivo lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (UVigo). Na mesa inaugural acompañaron o secretario xeral a directora do departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, Camiño Noia, e a representante da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Tamén asistiu ao acto a concelleira de Vigo Mariel Larriba.

Colaboración coa AELG e co PEN Club

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa AELG na realización deste ciclo a través dun convenio. Ademais desta iniciativa, ao abeiro do marco de colaboración entre as dúas entidades a AELG leva a cabo actuacións que inciden na difusión das obras dos escritores e escritoras en lingua galega e tamén na súa proxección exterior. É o caso da ampliación da fonte informativa e documental do portal web da AELG, que incorpora fichas sobre autores e autoras galegos, e da III Residencia de Escritoras/es Galegas/os.

A aposta da secretaría xeral pola potencialidade das letras galegas para impulsar a difusión e a promoción social do idioma tamén se materializa na colaboración con outra das entidades de referencia neste ámbito, o PEN Club de Galicia. A conmemoración dos 50 anos do pasamento de Aquilino Iglesia Alvariño e a homenaxe a Xosé María Díaz Castro co gallo do aniversario da publicación de Nimbos –que cumpriu este ano medio século–, son algunhas das iniciativas nas que colaboraron este ano a secretaría xeral e o PEN Club.

Recoñecidos escritores

A sexta edición do ciclo, que comezou cunha mesa redonda sobre narrativa na que participaron Marilar Aleixandre e Bieito Iglesias, desenvolverase ao longo de tres semanas, cunha mesa redonda cada xoves. As outras dúas mesas redondas das que consta o ciclo, a de poesía e a de teatro, celebraranse o 20 de outubro e o 3 de novembro, respectivamente. Os encargados de abordar o xénero poético serán Marga Doval e Enma Pedreira, mentres que Afonso Becerra e Quico Cadaval falarán sobre o xénero teatral.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-10-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES