Buscador
Noticias
Esta exposición sobre o artista canadense en España enténdese como a máis completa sobre a súa obra. Reábrese a terraza do CGAC coa peza recén restaurada Triangular Pavillion, de Dan Graham. Curtametraxes, concertos e conferencias, na oferta ata finais de ano.
Os representantes rexionais na comisión de Cohesión Territorial coinciden en sinalar as dificultades de condicionar as axudas europeas polas rexións a que os Estados cumpran os requisitos do pacto de estabilidade orzamentaria.
Trátase dunha rede que potenciará a formación e asesoramento de pemes transfronteirizas co fin de ampliar a cifra de negocios e impulsar o seu crecemento. Este proxecto conta cun orzamento de 1,18 millóns de euros, e que se empezou a desenvolver en abril.
Axustarase á porcentaxe establecida nas leis de orzamentos xerais do Estado e de Galicia do ano 2011, con 176 prazas vacantes ocupadas. Irá precedida do correspondente concurso de traslados previo e para propietarios de prazas.
Economía e Industria reitera o seu apoio ao téxtil como sector estratéxico para a economía de Galicia, na apertura do show room de Viriato en Santiago. O Goberno galego tamén amosa o seu apoio a Barreras en agarda do seu plan de viabilidade condicionado pola incertidume en torno ao tax lease que complica a planificación.
Caramuxo, co seu espectáculo Pío, e o grupo Sarabela, coa súa montaxe titulada Tango, ocupan o martes 18 de outubro os escenarios da SGAE/Fundación Autor e do Teatro Principal de Santiago de Compostela, dentro da programación da Mostra de Artes Escénicas de Galicia.
O voceiro nacional do BNG reclama debates nos medios de comunicación públicos galegos durante a campaña electoral. Anncia que o BNG proporá a reforma da lei no Congreso para que os debates electorais sexan obrigatorios nos medios de comunicación públicos.
Núcleo de Apoyo a la Competitividad y Creación de Empresas TIC es la primera jornada de trabajo del Proyecto NACCE para paliar las deficiencias del sector TIC en la región transfronteriza de GaliciaNorte de Portugal.
A prestixiosa Fundación Alexander von Humboldt acaba de conceder á profesora de Gramática Alemá da USC María José Domínguez Vázquez unha bolsa de investigación en recoñecemento á súa meritoria traxectoria. Profesora Titular de Gramática Alemá da USC dende 2008, Domínguez Vázquez foi a primeira doutora europea en Filoloxía Alemá de Galicia e Premio Extraordinario de Doutoramento.
A UNED Sénior do Eume e Terra Chá inaugurou en Guitiriz o seu curso con 150 alumnos dos seis municipios que integran a Universidade. O acto contou coa presenza da secretaria Xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, e do alcalde local, Xosé María Teixido; así como de representantes dos concellos membros.