
A directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, salientou o apoio do departamento que dirixe Javier Guerra ao textil como un sector estratéxico para a economía galega. Castro, quen participou na inauguración da tenda insignia e show room da firma galega Viriato en Santiago de Compostela, recordou como un paso fundamental no apoio de Economía e Industria a prol do sector o impulso para a creación do cluster do textil e da moda, Cointega (Confederación de Empresas Textiles de Galicia), no que tamén participan as tendas e que traballa en constante colaboración coa Consellería de Economía e Industria.
A directora xeral de Comercio, cualificou de aposta innovadora a apertura desta nova tenda, situada nunha antiga fábrica de chocolate, e felicitou á empresa por abrir un novo establecemento comercial no actual contexto económico. Nava Castro manifestou que as tendas son unha peza imprescindible para o textil, xa que son, nunca mellor dito, o escaparate da moda galega, tanto na nosa comunidade, amosando a excelencia e a calidade dos produtos aos galegos e a todos os que nos visitan, como a nivel nacional e fóra das nosas fronteiras.
A Consellería de Economía e Industria ten en marcha o Plan Textil Moda, Visión 2020, para vertebrar o sector, apoiar a súa reestruturación financeira e organizativa, e conseguir mellorar a súa competitividade a través da promoción e a innovación, consolidándoo como referente para a súa internacionalización.
A Xunta mostra novamente o seu compromiso con Barreras á espera do seu plan de viabilidade
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mantivo unha reunión cos accionistas do estaleiro que lle manifestaron que a incertidume provocada polo tax lease complica a elaboración dunha planificación
Guerra fixo fincapé na necesidade dun proxecto que garanta o futuro da empresa e sinalou que Barreras se comprometeu a propoñernos, alomenos comercialmente, as alternativas detalladas que teñen neste momento
Guerra salientou que a Xunta está comprometida coa saída adiante deste estaleiro de vital importancia para o sector naval e auxiliar
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, reuniuse cos accionistas do estaleiro Barreras aos que mostrou novamente o compromiso da Xunta coa empresa á espera do seu plan de viabilidade. Os propietarios manifestaron ao conselleiro que a incertidume provocada polo tax lease lles impide deseñar un plan real que reflicta o futuro do estaleiro e a contratación de novos buques.
O conselleiro fixo fincapé na necesidade dun proxecto que garanta o futuro da empresa e sinalou que a dirección de Barreras se comprometeu a propoñernos, alomenos comercialmente, as alternativas detalladas que teñen neste momento. En base a iso, poderemos saber, unha vez superada a situación do tax lease, como pode quedar o concurso de acredores e como poden establecer eles a contratación dos próximos barcos, puntualizou Javier Guerra.
Guerra salientou que a Xunta está comprometida coa saída adiante deste estaleiro e de todo o sector e a industria auxiliar. O conselleiro apuntou que é indispensable que a Comisión Europea solucione favorablemente o tema da suspensión do tax lease nun plazo moi breve de tempo, xa que está a afectar gravemente aos estaleiros como Barreras, especialmente polo tipo de buques, de gran tamaño, que teñen que contratar.
Fotografía: arquivo.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.