
A rigorosidade destes premios, que concede un comité composto por membros de todas as áreas disciplinares, queda de manifesto nun dato revelador: ata o momento 41 beneficiarios das súas bolsas recibiron o Premio Nobel.
O proxecto de investigación premiado nesta convocatoria versa sobre gramática contrastiva español-alemán, un ámbito no que, xunto coa lexicografía e a teoría de valencias, María José Domínguez Vázquez é especialista e no que ten publicado numerosas monografías, capítulos e artigos en revistas de impacto internacional.
María José Domínguez Vázquez
Membro do grupo de investigación Textos e contextos alemáns: sincronía e diacronía (Humboldt) da USC - que actualmente desenvolve 5 proxectos competitivos-, lidera un proxecto sobre a elaboración dun corpus bilingüe informatizado e dun dicionario en liña para español e alemán financiado pola Xunta de Galicia e participa noutros nacionais e internacionais.
María José Domínguez coordina ademais o Máster Europeo en Lexicografía Teórica e Práctica que promove un consorcio internacional de 15 universidades e centros de investigación europeos, americanos e africanos.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.