O Servizo Galego de Saúde vai convocar unha oferta pública de emprego (OPE) co obxectivo de estabilizar as plantillas no colectivo de licenciados sanitarios, onde isto é máis necesario.
O sector sanitario constitúe, dentro da Administración Pública, un servizo de carácter esencial, polo que no seu ámbito a reposición de efectivos -por xubilación e outras causas legalmente previstas- debe resultar prioritaria e quedar debidamente garantida.
Nesta OPE convocaranse 176 prazas vacantes ocupadas, axustándose á porcentaxe establecida na Lei de Orzamentos Xerais do Estado do ano 2011 e na Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2011.
A oferta de emprego irá precedida do correspondente concurso de traslados, no que se ofrecerá previamente aos propietarios de prazas no sistema a posibilidade de mellorar o seu destino definitivo.
A celebración deste concurso de traslados previo por primeira vez á OPE- permitirá que na oferta se convoquen as prazas estritamente necesarias, é dicir, as que non teñan sido solicitadas por propietarios do Sergas ou doutros servizos de saúde.
Organización dos cadros de persoal do Sergas
A organización e deseño dos cadros de persoal do Sergas efectúase tomando en consideración a estrutura, as características e as necesidades asistenciais da poboación.
A renovación das plantillas coa incorporación de novos titulados garantirá a dispoñibilidade de persoal de cadro para cubrir as necesidades de atención continuada e realización de gardas médicas, favorecendo unha constitución estable dos equipos.
Ademais, está previsto que o próximo ano o Servizo Galego de Saúde prepare unha nova oferta de emprego público para convocar prazas de medicina familiar e comunitaria e persoal de enfermería.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.