Notas de prensa

A UNED Sénior iniciou o seu curso en Guitiriz con 150 alumnos

A UNED Sénior do Eume e Terra Chá inaugurou en Guitiriz o seu curso con 150 alumnos dos seis municipios que integran a Universidade. O acto contou coa presenza da secretaria Xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, e do alcalde local, Xosé María Teixido; así como de representantes dos concellos membros.

Durante a inauguración a directora da UNED Sénior na Coruña, Susana Blanco asegurou que «a UNED Sénior está cada vez máis consolidada». Blanco recordou que a UNED acaba de firmar un convenio coa Xunta de Galicia para cofinanciar proxectos.

Pola súa banda, a secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, destacou a importancia do envellecemento activo e de desenvolver actividades para a promoción da autonomía dos maiores.

Por iso, López Abella recordou que a Consellería de Traballo e Benestar, xunto coa UNED Sénior, seguirá a manter “unha estreita colaboración” para consolidar esta iniciativa, xa que resaltou que “constitúe unha oferta de estudos importante para aquelas persoas que demandan un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais”.

Por último, a responsable da área autonómica sinalou que o departamento autonómico destina anualmente 25.000 euros para colaborar co desenvolvemento das actividades que leva a cabo a UNED Sénior de Galicia.

Matrícula

Dos aproximadamente 150 inscritos na UNED, uns 90 alumnos corresponden co centro de Momán, Xestoso e Cambás. En concreto, na parroquia xermadina de Momán, hai 50 alumnos, entre eles o máis veterano de todos, Raúl Gómez, de 87 anos.

No municipio de Guitiriz hai en torno a 30 matriculados. Porén, o prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 20 de outubro.

A UNED ten fixada unha taxa de 50 euros por materia, pero segundo explicou o coordinador da iniciativa, Luís Ángel Rodríguez Patiño, “diferentes axudas permiten que en Momán se paguen só 20 euros pola primeira materia, 15 pola segunda e dez pola terceira”. En Guitiriz o custe de cada materia é de 15 euros.

A escola de Momán será un ano máis a sede de varias clases. Así, nestas instalacións impártense os luns pola tarde Música, Solfeo e Canto. Os xoves teñen lugar as clases de Problemas Médicos Actuais. Outras materias son Introdución ao Patrimonio Histórico, cunha xornada de viaxes e visitas culturais os martes; e Informática.

Por outra parte, o alumnado de Guitiriz asistirá a catro materias durante este primeiro cuadrimestre: Informática, Tertulia Literaria, Música e Ximnasia

Secretaria Xeral de Familia e Benestar, 2011-10-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES