Archivo (1 del 2011)

Buscador

Noticias

Co fin de fomentar a competencia en galego da sociedade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística promoveu en 2010 un total de 301 cursos preparatorios para obter a certificación oficial de coñecemento de galego (Celga).
O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, reuniuse coa nova directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) para a promoción e o apoio á creación de literatura infantil e xuvenil en 2011.
A actriz Ana Bustorff retrata nun monólogo sen texto, sen pronunciar unha soa palabra, as rutinas dunha muller entregada á depresión e á obsesión polas cousas ordenadas na obra dirixida por Rui Madeira, À la carte, no Salón Teatro de Santiago de Compostela o 15 e 15 de xaneiro.
A mostra do artista Antonio Pérez, de Ribeira, ofrece a persoal visión do autor que coñece o mar dende todos os ámbitos. Azuis e terras, en toda a súa ampla gama cromática, son a base da paleta do pintor galego. A calidez das figuras contrasta coa dureza do oficio ao que se entregan. As texturas son máis ou menos densas en función da temática.
A revista nace como publicación periódica bilingüe que analizará os asuntos europeos que máis lle afecten á nosa comunidade. A guía de saídas laborais constitúe un completo manual das múltiples posibilidades de formación e emprego para a mocidade galega.
O Consello Escolar e o Observatorio xa traballan para enriquece a futura Lei de convivencia. Os dous organismos, que representan a profesores, alumnos, familias e sindicatos celebrarán pleno a finais de xaneiro.
Educación anuncia que xa completou a instalación do equipamento do Proxecto Abalar en centros públicos para este curso 2010/2011. Percorreranse os centros para comprobar o funcionamento dos ordenadores e encerados dixitais.
O obxectivo é potenciar as relacións comerciais entre a industria alimentaria galega e os operadores comerciais chinos e indios, coa finalidade de mellorar no medio prazo as exportacións a ambos países. Os plans beneficiarán a empresas produtoras de viño, queixos, conservas, peixe conxelado, bebidas ou produtos cárnicos.
Dende o 6 de xaneiro e ata o 3 de xullo a Consellería do Mar da Xunta de Galicia abre o período de veda polo que se prohibe capturar nécora contemplado no Plan de Xeral de Explotación Marisqueira para o 2011.
O 12 de xaneiro, o día despois da inauguración oficial polos Príncipes de Asturias, abriranse ao público os edificios da Biblioteca e do Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia. O conselleiro de Cultura da Xunta convida aos galegos a sentir como propio un dos símbolos da Galicia do século XXI.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2026 (165)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES