
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director apoderado da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, presentou o primeiro número da revista Europe@s e a Guía de saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais, publicacións coas que se busca incrementar o coñecemento dos galegos das políticas e oportunidades que as institucións comunitarias ofrecen.
A Guía de saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais é unha recompilación da gran oferta formativa para mozos que convocan múltiples entidades. Nela recóllense as bolsas que ofrecen a Fundación Galicia Europa, as consellerías da Xunta de Galicia, entidades públicas ou privadas de prestixio, institucións da UE, e organizacións internacionais como a ONU, o FMI, a OMC, o Banco Mundial; sen esquecer a cooperación internacional, con organismos como a AECID, Cruz Vermella, Intermon Oxfam.
Este manual inclúe todo tipo de colaboración con estes organismos, desde estadías, prácticas, intercambios, voluntariado, así como os prazos de solicitude, os requisitos, o lugar onde se realizan as prácticas e a súa retribución, ou non caso de non habela, apúntanse fórmulas para obter compensacións económicas.
Tanto a revista como a guía son o resultado da determinación da Fundación Galicia Europa de seguir trazando pontes de comunicación entre a UE e os cidadáns galegos. Ambas publicacións distribuiranse ás institucións galegas, ás tres universidades, aos centros de documentación europea e aos particulares interesados que así o desexen.
Revista Europe@s
Europe@s viu a luz o pasado mes de decembro cunha edición bilingüe galego-castelán de 48 páxinas. Este número inicial conta coa firma invitada do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen centra o seu artigo no papel que Galicia desempeñará dentro da Estratexia Europa 2020 a través do fomento da educación, da I+D, do emprego e do crecemento sustentable, así como na defensa da concesión dunha axuda transitoria para Galicia a partir de 2013. A revista, que consta de cinco seccións, dedica as súas reportaxes centrais a dous asuntos clave para as economías europeas: a I+D como motor do crecemento e a transposición da Directiva de Servizos.
A revista inclúe unha entrevista a Beatriz Yordi, xefa da unidade de Eco-innovación da Comisión Europea, na que expón a relevancia que está a gañar este sector que conxuga investigación e desenvolvemento sustentable, así como actividades e seminarios realizados pola Fundación para divulgar as políticas comunitarias.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.