
Segundo a Orde do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o 2011, a Consellería do Mar prohibe a captura da nécora a partir do 6 de xaneiro. O calendario aprobado no Plan Xeral de Explotación Marisqueira establece que a actividade de extracción deste crustáceo estará prohibida ata o día 3 de xullo. O departamento que dirixe Rosa Quintana, persegue con esta medida técnica favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro que soportan as poboacións desta especie na Comunidade Autónoma de Galicia.
A extracción da nécora estivo autorizada dende o 5 de xullo de 2010 ata hoxe. Neste período de tempo capturáronse 115.877,37 quilos nas augas galegas cun importe total de 1.973.029,18 euros.
A Consellería do Mar lembra que na actualidade tamén están en veda outros crustáceos como o santiaguiño (Scyllarus arctus) ata o 2 de outubro, o lumbrigante (Homarus gammarus) e a lagosta (Palinrus elephas), ambas especies ata o 30 de xuño.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.