Notas de prensa

Cultura e Gálix establecen liñas de colaboración

O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, reuniuse coa nova directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) para a promoción e o apoio á creación de literatura infantil e xuvenil en 2011.

O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, reuniuse coa nova directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) para tratar as liñas de colaboración entre ambas partes de cara a este novo exercicio. Francisco López presentou algunhas das iniciativas que a súa dirección xeral porá en marcha a o longo deste ano 2011 co obxectivo de potenciar a literatura infantil e xuvenil tanto no mercado nacional e como no intencional.

Entre os temas que se trataron nesta xuntanza destacan a presenza de Galicia na ‘Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña’, que se celebrará entre o 28 e o 31 de marzo, e onde está previsto presentar a edición do Catálogo do libro infantil e xuvenil de Galicia correspondente a 2011. Asemade, acordouse por en marcha unha serie de iniciativas dirixidas a apoiar a imaxe da literatura nas primeiras etapas da vida das persoas, na que Galicia conta xa cun ben gañado prestixio internacional.

Doutra banda, afondouse na idea de designar anualmente un socio de honra de GÁLIX, que se escollerá entre autores relevantes no plano mundial vencellados á creación literaria infantil e xuvenil. Para este ano, trabállase coa idea de designar un autor galego de gran proxección e obra ben consolidada. O artista escollido, ao que se lle dedicará unha publicación de homenaxe, farase público antes do 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-01-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES