Notas de prensa

Educación completou a instalación do equipamento do Proxecto Abalar

Educación anuncia que xa completou a instalación do equipamento do Proxecto Abalar en centros públicos para este curso 2010/2011. Percorreranse os centros para comprobar o funcionamento dos ordenadores e encerados dixitais.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de rematar a instalación de todo o equipamento para poñer en marcha nos centros educativos públicos o Proxecto ABALAR neste primeiro curso de implantación. Así, as aulas de centros públicos que comezan a traballar con este proxecto no ano académico 2010/2011 contan xa cos seus respectivos ordenadores portátiles para o profesorado, ultraportátiles para o alumnado e encerados dixitais. Ademais, todos os colexios e institutos que se benefician este curso desta estratexia de integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) no ensino contan xa coas axeitadas conexións de rede e acceso a internet.

A partires do 11 de xaneiro os equipos técnicos do Proxecto ABALAR percorrerán estes centros públicos para analizar, comprobar e solventar as posibles incidencias xurdidas no despregamento.

Deste xeito, o ABALAR cumpre un fito importante para a súa implantación progresiva na práctica educativa e permite que 14.500 alumnos e alumnas, coa axuda dos seus profesores, estean xa a traballar nas aulas coas novas tecnoloxías, incorporándoas día a día ao proceso de aprendizaxe.

Formación

Co fin de tirar un aproveitamento efectivo dos recursos que ABALAR proporciona aos centros educativos, a Consellería está a realizar diferentes iniciativas en materia de formación tanto para os 297 coordinadores ABALAR dos colexios e institutos implicados este ano no proxecto, como para os docentes; tanto na modalidade presencial como a distancia.

Así mesmo, o programa “Navega con rumbo polo Ciberespazo”, impulsado pola Secretaría Xeral e Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; que ten como obxectivo impartir charlas divulgativas para que os escolares realicen un uso responsable das TICs, ten chegado xa aos profesores a través dunhas 90 charlas en centros ABALAR.

Fotografía: arquivo GD/Xunta de Galicia

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2011-01-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES