
A Consellería de Economía e Industria vén de reafirmar o seu compromiso e apoio á promoción de produtos agroalimentarios galegos nos mercados de China e India, no marco dos respectivos plans de impulso das exportacións nos que o Goberno galego colabora con diferentes organismos de promoción exterior.
No desenvolvemento da estratexia de apoio a internacionalización e competitividade da Consellería de Economía e Industria o consello de dirección do Instituto Galego de Promoción Económica aprobou a sinatura, en 2011, dos convenios de colaboración interinstitucional orientados ao artellamento dos respectivos plans de promoción de produtos agroalimentarios en China e na India.
As accións de promoción impúlsanse ao abeiro de cadanseu convenio que establece amplos marcos de colaboración, e as prórrogas teñen por obxecto dar continuidade en 2011 ao desenvolvemento dos plans de promoción de produtos agroalimentarios españois en China e India durante o ano 2010, coa idea de que as iniciativas sirvan para aumentar o coñecemento das ofertas exportables galegas e españolas neses países, ao tempo que se incrementa o consumo dos produtos galegos, de cara a integralos nos hábitos de consumo orientais.
Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria quere potenciar as relacións comerciais entre a industria alimentaria galega e os operadores comerciais chinos e indios, coa finalidade de mellorar no medio prazo as exportacións a ambos países, cuns acordos de colaboración que poderán ser prorrogados ata 2012.
Ademais, os plans de promoción de produtos agroalimentarios, en China e na India, inclúen actividades de información e formación, así como accións de promoción a realizar tanto directamente, como no marco de feiras internacionais, e beneficiarán a empresas produtoras de viño, queixos, conservas, peixe conxelado, bebidas ou produtos cárnicos, entre outros
A promoción de produtos galegos, nestes dous países emerxentes con grandes expectativas de crecemento, constitúe é o obxectivo dos acordos nos que está comprometida a Consellería de Economía e Industria a través do Igape, no marco dunha iniciativa de colaboración coas diferentes comunidades autónomas, e outras institucións como a Federación de Industrias de Alimentación e Bebidas, o Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX), ou o MARM.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.