Osdías 24 e 28 de xaneiro, os plenarios do Observatorio da Convivencia e do Consello Escolar de Galicia analizarán o borrador de anteproxecto da Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa, sobre cuxo contido xa se están a facer as primeiras alegacións. Os membros do Consello Escolar poderán presentar as súas alegacións ata o día 18, de tal xeito que dous días despois a súa comisión permanente reunirase para elaborar un ditame provisorio. Sobre este texto aínda se poderán facer novas emendas ata o 25 do presente mes, un día antes de que se xunte a comisión permanente para estudalas e eventualmente incorporalas para o seu debate no pleno do día 28. Pola súa banda, o Observatorio da Convivencia aceptará suxestións ata o día 17, reunirá a súa comisión permanente o 18 e celebrará sesión plenaria o día 24.
Posteriormente, o texto, pasará a debate no Parlamento, polo que a Lei poderase enriquecer coas achegas de todos os estamentos políticos, sindicais e sociais de Galicia. O conselleiro de Educación xa anunciou que o seu obxectivo primordial é acadar o consenso máis amplo posible, para o que prometeu non aforrar ningún esforzo.
Cómpre lembrar que en ambos os dous organismos, Consello Escolar e Observatorio da Convivencia, están representados, non só os principias actores do sistema educativo profesores, alumnos e familias-, senón os seus representantes a través dos sindicatos, a patronal do ensino, a inspección educativa, os directores de centros, o persoal de administración e servizos, as ANPAS, a fiscalía de menores e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), entre outros.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.