Galicia e Cataluña son as dúas únicas comunidades de España que van contar con fábricas de IA, o que pon de manifesto o importante labor desenvolto no campo das tecnoloxías profundas por ambas comunidades. O Barcelona Supercomputing Center (BSC) será, xunto co CESGA (Centro Supercomputación de Galicia), unha das institucións que albergue unha das 19 novas fábricas europeas de intelixencia artificial. Isto converte a España nun dos tres únicos países que contará con dúas factorías de IA. A colaboración entre o BSC e o CESGA xa é real a través da Rede Española de Supercomputación, algo que se intensificará agora a través das factorías europeas.
As cousas deste mundo só as entende Deus: En Castroverde, a pouco que se armase unha trafulca, fose nas festas ou na feira, deseguida saían da taberna os Gardas para meter no calabozo tanto aos pegóns coma aos pegados, e aquí, por apuntarnos no ximnasio ás clases de loita libre, vai o sarxento Von Papen, e felicítan...
Tivo lugar a entrega dos Premios do Comercio Galego 2025 nun acto no que se aproveitou para presentar en sociedade a nova imaxe do Comercio Galego, coincidindo ademais co arranque dunha nova campaña autonómica para darlle un pulo ao sector. Os premiados foron as compostelás Creativas Galegas (Premio Comercio Galego), polo seu Mercado Galego da Creatividade, a lucense Panadería Pallares (Premio Comercio Traxectoria), coa quinta xeración familiar ao cargo, Amoras (Premio Comercio Emprende), polos seus orixinais proxectos comerciais, e Viveiro Centro Comercial Histórico (Premio Comercio Dinamización) pola súa campaña Escolle o teu empregado do mes.
A Estratexia da Economía Azul de Galicia cumpre o seu primeiro ano consolidando á comunidade como referente internacional en sustentabilidade e innovación mariña, ao garantir que o mar siga sendo motor de crecemento económico, protección ambiental e benestar social para as vindeiras xeracións. Esta Estratexia , elaborada xunto á comunidade científica, entidades públicas e privadas e a cidadanía, está composta por 40 medidas que nacen do diálogo e do consenso con máis de 200 axentes implicados, e que se sustentan en tres piares fundamentais: sostibilidade, innovación e cooperación.
Carmen Vázquez, Carmen Vázquez,