Notas de prensa

Idean un sistema de IA capaz de predicir o risco de desenvolver diabetes ou eventos cardiovasculares

A monitorización continua de glucosa pode ser unha excelente ferramenta de predición e estratificación de risco que permita identificar de forma máis precisa e precoz persoas con maior probabilidade de progresar a diabetes ou sufrir eventos cardiovasculares. Isto é o que fai GluFormer, un sistema de IA capaz de predicir o risco de desenvolver diabetes ou eventos cardiovasculares a partir da monitorización continua da glucosa.

GluFormer é produto dunha investigación internacional que acaba de publicar Nature(A foundation model for continuous glucose monitoring data) na que participou a USC, co profesor e investigador da Facultade de Medicina Francisco Gude á cabeza, e que reúne persoal científico Australia, Dinamarca, Israel, Suíza, Emiratos Árabes Unidos, Estados Unidos e España.

Para aproveitar o potencial da monitorización continua de glucosa, o equipo de investigación ideou esta ferramenta de IA que se adestrou con más de 10 millóns de medicións de máis de 10.000 persoas adultas, a maioría delas sen diabetes. Logo do adestramento, o modelo ‘aprendeu’ representacións que se aplicaron con éxito a 19 cohortes externas de distintas etnias, grupos de idade e condicións de saúde, entre elas prediabetes, diabetes tipo 1 e 2, diabetes xestacional e obesidade. Esas representacións, explica Gude, “melloraron de forma importante a predición de niveis de glucosa con respecto ao que proporcionan as medicións basais tradicionais”.

A achega do equipo da USC centrouse na validación do modelo, en preto de 600 adultos seguidos durante unha media de 11 anos, a quen o modelo predixo con precisión o risco de desenvolver diabetes e mortalidade cardiovascular.

Para o equipo de investigadores, GluFormer “abre a porta a intervencións preventivas e terapéuticas máis temperás e personalizadas (incluída a nutrición de precisión), optimizando o seguimento clínico en prediabetes, diabetes, obesidade e diabetes xestacional”, á vez que favorece un enfoque de medicina de precisión en saúde metabólica.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2026-01-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES