Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lonxe

Xiz, Xulio - jueves, 22 de enero de 2026
Arredor da Muralla romana contrastaba estes días o poderío desafiante dos tractores coa resistencia milenaria das pedras que resistiron guerras; mesmo coma esta, pacíficas e xustas, contra inimigos lonxanos e incógnitos.

Combaten os tractores -de última xeneración ou resistentes de guerras pasadas-, non algo que proceda dos seus concellos, do goberno autonómico, nin siquera do nacional. Protestan por un acordo da U.E. con Mercosur -esperado e temido á vez- que se agarda sexa beneficioso para unha parte do sector agrario e á vez perxudicial para os produtores de carne. Con quedar esto moi arriba, o acordo enténdese como a posibilidade de plantar cara ao déspota non ilustrado que goberna o país máis poderoso do mundo con perigo de ser convertido no menos democrático.

A saber o que poden conseguir os tractoristas, fogueados en accións de protesta arredor do maior símbolo de identidade lucense, porque se os problemas son de explotacións e rendibilidade, as solucións xóganse moi lonxe. E a globalidade na que vivimos só nos permite movementos controlados, breves... e ao que chegamos neste caso é a ver a muralla rodeada de tractores na primeira cadea da tv. de Sánchez, que quizais grazas a iso se entere do problema.

Na realidade de mediados do século pasado, todo dependia do consello de ministros que decidia sobre o divino e o humano. Hoxe os nosos destinos gobérnanse de lonxe, e comprobamos que as instancias máis altas teñen que lidiar á súa vez con axentes máis poderosos e perigosos, que non respectan as reglas do xogo. E se algún parece estar tolo, como se decía en tempos, verdadeiramente, está "tolo de comenencia".
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES