Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vida non é un xogo

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 22 de enero de 2026
As novas tecnoloxías ofrécennos moitos adiantos.
Esto ten moitas ventaxas.
É froito da evolución. Non se lle pode poñer freo á evolución.
Eso está claro.
Pero a evolución precisa levarse a cabo conservando todo canto de bo fixeron os nosos devanceiros.
Non podemos facer: "borrón e conta nova".
Non todo o anterior é malo ni todo o novo é bo.
Cada cousa no seu sitio.
A PRUDENCIA É A NAI DA CIENCIA
Non podemos cegarnos ante tanta tecnoloxía.
Non podemos cegarnos ante tanta carestía da vida.
Non podemos cegarnos ante tanto materialismo.
Non podemos cegarnos ante tanto consumismo.
Non podemos xogar coa vida.
A vida é unha aventura; pero non é un xogo.
A VIDA TEN UN VALOR INCALCULABLE
Non é un regalo que nos fixeron os nosos pais.
Eles foron instrumentos nas mans dun ser superior.
Uns instrumentos moi válidos, imprescindibles.
Todos temos uns pais moi válidos independientemente que nos criaran con máis ou menos medios.
Fixérono todo o mellor que puieron e con moito amor.
PERO A VIDA É ALGO SAGRADO.
Un organismo composto por millóns de células, tecidos e órganos sabiamente ensamblados que nos permiten vivir guiados por unhas facultades mentais:
RAZOAMOS, PENSAMOS, SENTIMOS...
Todo eso guiado por un ser espiritual que chamamos ALMA que nos di que somos moito máis do que se ve, que SOMOS SERES DIVINOS, somos creados a imaxe e semellanza de Deus.
A NOSA VIDA NON TEN PREZO.
Aseguramos os coches.
Aseguramos as casas.
As empreas aseguran os traballadores.
Incluso facemos seguros de vida.
Todo é necesario e, sempre é pouco para o que vale unha vida.
Os seguros de vida non pagan a vida, pagan uns gastos para que sexa máis levadeira a situación económica dos que quedan.
Todos o sabemos por experiencia cando alguén se nos vai.
COA VIDA NON SE XOGA
Desafortunadamente hai quen si o fai coa vida dos outros e incluso coa súa propia:
-Maltratos físicos ou psicolóxicos.
-Vexacións de todo tipo.
-Calumnias.
Pero en calquera caso as consecuencias sempre son tráxicas.
-Quen maltrata ó demais é un pobre desgraciado.
-Quen calumnia, ten veleno na lingua e no corazón.
-Quen escandaliza a unha criatura, máis lle valera atar unha pedra do muiño ó pescozo e tirarse ó mar.
-Que non respecta o propio corpo nin o dos outros, non sabe o mal que fai.
-Quen abusa das drogas, acaba coa súa vida e coa da súa familia.
-Quen trafica con elas, tarde ou cedo, acabará mal, tamén.
A VIDA É FROITO DO AMOR
A vida é froito do amor que Deus nos ten porque pensou en nós antes de que nós existiramos.
A vida é froito do amor dos nosos proxenitores como colaboradores do Creador; porque Deus quere contar con nós porque somos os seus fillos.
NÓS SOMOS COLABORADORES
É tanta a dignidade do ser humano que Deus conta con nós.
Créanos libres para que fagamos o que nós quieramos.
Pon o mundo nas nosas mans.
¡QUE DIGNIDADE A NOSA!
Pero nós tampouco podemos facer nada sen el.
É tanta a nosa dependencia del que se rompemos con el, quedamos sen vida: imos pola vida como cadáveres andantes.
Aínda que pareza mentira, hai quen vai así.
Pero...
"NON SOMOS CADÁVERES ANDANTES"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES