O 92,2% das familias con fillos e fillas escolarizados na nosa Comunidade considera importante que exista unha lei que regule o emprego da tecnoloxía no ensino. Así se recolle na enquisa Dixitalización do sistema educativo en Galicia, realizada polo Instituto Galego de Estatística. No que atinxe ás redes sociais, o 93% estima axeitado establecer restricións no acceso aos menores de 16 anos. De feito, o 51,3% das familias usa mecanismos de control parental de forma habitual, especialmente na ESO (62,6%) e Primaria (61,2%). A valoración das familias respecto á integración das tecnoloxías no modelo pedagóxico é maioritariamente positiva e, de feito, o 73,1% considera que as actividades dixitais están ben integradas co resto das tarefas e o 73,3% valora positivamente o uso que fai o profesorado destas ferramentas.
Como o Nobel da Paz segue resistíndose, sempre aparece alguén disposto a cubrir o baleiro. Desta vez tocoulle á FIFA. O seu presidente, Gianni Infantino, decidiu distinguir a Donald Trump cun premio da paz, demostrando unha vez máis que, en determinados despachos, o servilismo institucional segue gozando de excelent...
Sanxenxo volverá converterse este verán nun dos grandes referentes da música en directo en Galicia coa celebración da cuarta edición de Costa Feira, un evento que ofrecerá máis dunha decena de concertos e propostas musicais entre os meses de xullo e agosto no recinto do Polígono de Nantes. O ciclo arrancará o 24 de xullo con Wake Up! in Costa Feira e continuará o 28 de xullo e os días 4, 11 e 18 de agosto coa proposta Electrolatino, que reunirá artistas destacados neste xénero como Henry Méndez, Danny Romero, Jose de Rico, Anthony & Yeigo, Jay Santos, Marc Magán ou Mar Lucas.
Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.
Este hombre es Don Antonio,