Os 43 casos de uso activos representan un importante avance respecto dos sete cos que se iniciou o proxecto. Tamén medrou a participación institucional, pasando de 22 entidades adheridas en abril ás 36 actuais. Este crecemento evidencia a consolidación de OneHealth DataSpace como un ecosistema colaborativo no que administracións, centros de investigación, universidades, empresas e outras organizacións comparten, analizan, procesan e almacenan datos nunha contorna segura para impulsar solucións innovadoras desde unha visión integrada da saúde humana, animal e ambiental.
Co gallo da celebración da festividade de Santiago Apóstolo e do Día de Galiza é case obrigado que lembremos algunhas ideas sobre a importancia de que todos cantos na Galiza nos consideramos cristiáns saibamos incardinarnos na terra e no país no que, pola graza de Deus, nacemos ou estamos a vivir. Nesta incardinaci...
O Compostela TradFest desenvolverase en tres dos espazos máis emblemáticos do casco histórico compostelán: a Praza da Quintana, a Praza de Mazarelos e a Igrexa da Universidade, integrando o patrimonio monumental da cidade nunha experiencia cultural aberta e gratuíta para todos os públicos. Entre os nomes máis destacados figuran Budiño, un dos grandes referentes da música galega actual; Felisa Segade, unha das voces máis recoñecidas da nova escena tradicional; a artista Ana Alcaide, acompañada polo estadounidense Bill Cooley; o portugués O Gajo ou o arxentino Martín Bruhn.
O porto da Coruña converterase este outono nun dos grandes espazos da música en directo en Galicia coa celebración da segunda edición de Son & Mar A Coruña. Entre o 18 de setembro e o 11 de outubro traerá á cidade máis de 30 artistas en 12 eventos repartidos ao longo de catro fins de semana, reforzando unha proposta que combina música, cultura e territorio. A principal novidade desta edición é precisamente o seu crecemento. Tras a boa acollida da estrea en 2025, Son & Mar A Coruña pasa de seis a 12 eventos, ampliando tamén a súa duración de dous a catro fins de semana consecutivos.
Este hombre del bigote