As palmeiras de Gran Canaria (2)
Otero Canto, Xosé - viernes, 31 de julio de 2026
Canta variedade e diferenza dos seus corpos e das súas almas porque as palmeiras tamén teñen almas aladas que brincan cariñosas ao vento do sur, abanéanse como carrandiolas e van proxectando as súas follas nun ir e vir de airexa consoladora para os seus alicerces de palmeira e nos seus movementos ocúpanse ou teñen de oficio continuado o de soñar, por iso soñan coa axuda do vento que as leva por recónditos lugares inéditos para elas e que tan só o mundo dos soños é capaz de recoñecer.
Continuará...
Gran Canaria 14-8-2026
Otero Canto, Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora