
Corgos subliñou que, un ano máis, a boa evolución da economía galega permite que os recursos procedentes da recadación tributaria propia e a través do sistema de financiamento medren de maneira significativa en 859 M, un 6,8 % máis.
'Esta evolución dos ingresos propios resulta compensada cos axustes de contabilidade nacional, o obxectivo de estabilidade ata aumentar nun 6 %. Para obter dito gasto computable compre restarlle a estes recursos propios o gasto non computable para a regra intereses, financiamento non condicionado e investimos financeiramente sostibles-. Grazas ao bo desempeño fiscal dos últimos anos, pódese dedicar a novos investimentos 150 M a maiores da regra de gasto. Isto determina uns recursos propios autonómicos que medran un 6,1 %', precisou, resaltando tamén que os fondos finalistas suben en 185 M, o que reflicte unha programación de fondos europeos deseñada para compensar a finalización do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia, que contaba o ano pasado con 150 M.
Con todo isto, en total, o límite de gasto para 2027 sitúase nos 15.022 millóns, un 5,5 % máis que o no 2026, sendo o ano que vén o primeiro exercicio desde a pandemia que non conta con recursos extraordinarios.
Sete anos de crecemento sostible e continuado
Ademais da aprobación do teito de gasto, a Xunta actualizou tamén con prudencia o seu cadro macroeconómico para este exercicio, mellorando a estimación de crecemento do PIB.
Así, o Goberno autonómico prevé para o 2026 un crecemento da economía dúas décimas superior ao fixado nos orzamentos en vigor, pasando do 1,9 % ao 2,1 %. 'Unha cifra prudente e que non descartamos mellorar', subliñou o conselleiro de Facenda, logo de recordar que a Administración autonómica leva cinco exercicios consecutivos mellorando as previsións de crecemento incluídos nos orzamentos.
'E, para 2027, queremos manter esta prudencia e situar o avance do PIB no 1,9 %', engadiu, precisando que, desta forma, Galicia encadeará sete anos de crecemento sostible e continuado, cunha mellor evolución que a media de España, cun diferencial de 1,3 puntos de maior crecemento agardado para o ano que vén (16,7 fronte a 15,4).
Respecto á taxa de paro, Miguel Corgos lembrou que a Xunta xa conseguiu estabilizala por debaixo do 10% desde hai tres anos e, desde entón, segue baixando ano a ano. Así, en 2025 foi do 8,3 %, para este exercicio estímase que sexa do 8,1% e para 2027 que caia ata o 7,7 %, rozando os mínimos históricos.
Estabilidade, rigor e responsabilidade
Corgos incidiu en que a estabilidade, o rigor e a responsabilidade axudan a que Galicia manteña unha mellor evolución comparada tanto respecto do conxunto de España como da media da Unión Europea.
Así, por exemplo, a Comunidade acadou en 2024 o seu máximo histórico de converxencia coa media nacional, situándose no 93 %. Consolídase como un dos motores exportadores de España, superando os 30.900 millóns de euros e concentrado o 8 % do total das vendas exteriores, sustentado no liderado de sectores tractores como a automoción, o téxtil ou o agroalimentario. E está tamén entre as autonomías con menor ratio débeda/PIB, coa previsión de entre 2026 e 2027 reducila 1,4 puntos e situala por baixo do 13 % (ata o 12,6 %), anticipando tres anos o obxectivo que recolle o Plan Estratéxico de Galicia para o 2030.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.