Non se sabe exactamente cales foron as razóns do cambio de patrón en Foz, nin se está moi seguro en que época foi o cambio.
Todos os que rebuscamos a historia non escrita de Foz, estamos dacordo nunha pequena teoría.
Parece ser, que o cambio de patrón de Santiago Apóstolo por San Lourenzo, xa se puido producir polo século XVI, época na que se cre que puideron chegar a Foz os primeiros turistas, aqueles que nun principio se lles chamou "canónigos" e despois pasaron a ser "carolos", referíndose ás xentes da montaña que viñan aos famosos nove baños e tamén e sobre todo aos comerciantes de Lugo cidade, pois os montañeses adoitaban a vir aos nove baños no mes de setembro.
Son dúas as razóns polas que se fixo ese cambio de patrón.
A primeira é, que en tódolos pobos, as festas patronais sempre se celebraron nun mesmo día, ou sexa, tódolos pobos teñen dous patróns, santo e santa.
No caso de Foz é a Virxe do Carme e Santiago Apóstolo, pero sempre se celebraron por separado, o día 16 de xullo,

Virxe do Carme e 26 de xullo, Santiago Apóstolo.
Pero que pasaba neste sentido? Pois pasaba, que entre o día do Carme, día 16 de xullo e o día de Santiago Apóstolo, hai tan só nove días de separación, e claro está, naquela época había que formar dúas comisións e era moi complicado recadar cartos por doazón popular e que o Concello dera axudas.
Moi difícil. Entón, o que se lles ocorreu foi cambiar de patrón, porque a Virxe do Carme para os mariñeiros era intocable.
E a segunda razón, foi, porque como o pouco turismo que viña a Foz, que viñan do 1 ao 15 de agosto, ao facer a festa o día 10 de agosto, era como darlles unha actividade festeira aos turistas, que incluso lles servía de despedida.