
O Galician Freaky Film Festival presentou esta mañá diante do MARCO o cartel oficial e as primeiras novidades da súa décima edición, que se celebrará do 17 ao 26 de setembro na Praza Elíptica de Vigo. O acto contou coa participación de Jacobo Sutil, director da AGADIC; Luísa Sánchez, vicepresidenta da Deputación de Pontevedra; Ana Laura Iglesias, concelleira de Igualdade e Comercio; Miriam Álvarez, subdirectora do festival; e Juan de Castro, director do certame.
Un dos momentos centrais da presentación foi o descubrimento do cartel desta décima edición, dedicado ao filme The Fly (La Mosca), e a participación especial de Toxie, a mascota do festival desta edición, un vingador tóxico moi vigués.
Durante o acto tamén se desvelou a programación da sección GFFF Tribute, creada para celebrar películas de culto que marcaron a historia do cinema fantástico e que continúan influíndo no imaxinario audiovisual contemporáneo. Nesta edición especial, o festival renderá homenaxe a tres títulos fundamentais dos anos oitenta: The Fly, de David Cronenberg; The Toxic Avenger, de Lloyd Kaufman e Michael Herz; e Big Trouble in Little China, de John Carpenter.
A inauguración do festival recuperará o espírito das antigas sesións dobres de cinema coa proxección de The Fly e The Toxic Avenger, dúas obras convertidas en referentes do xénero desde perspectivas moi diferentes. A primeira é considerada unha das grandes obras do body horror, a través da tráxica transformación do científico Seth Brundle. A segunda converteuse nun símbolo do cinema independente estadounidense grazas a combinar humor irreverente e estética gore.
Pola súa banda, Big Trouble in Little China será a película encargada de clausurar esta décima edición. O clásico de John Carpenter ten todos os ingredientes que emocionan ao público do GFFF: artes marciais, fantasía, acción e comedia. Será a despedida dunha edición que celebra unha década de amor polo cinema fantásticoen Vigo.
Programación expandida
A programación da décima edición medra tanto en duración como en contidos e irase desvelando nas próximas semanas coa presentación de novas actividades. Entre as citas xa confirmadas figura a segunda Zombie Walk, que terá lugar o 12 de setembro cun percorrido pola rúa do Príncipe e tentará superar os máis de 400 participantes da pasada edición. Regresará tamén o Pequefreak, a programación familiar que ocupará a primeira fin de semana do festival con curtametraxes, longametraxes e obradoiros tras o éxito de asistencia do pasado ano.
Ademais, a Praza Elíptica volverá acoller a Feira Freak, haberá concurso de banda deseñada, exposición e poxa benéfica de obras inspiradas en The Fly, presentacións de libros e proxectos en desenvolvemento, mentres que os encontros profesionais reforzaranse cunha ampliación das actividades dirixidas ao sector.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.