Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'. A artesá Sandra Vilas, do obradoiro Boina Galega (Santiago de Compostela) resultou finalista na categoría Emprendemento.
Na Idade Media falábase de amor galante en relación co sentimento dun cabaleiro cara a unha dama, xeralmente casada con outro, da que esperaba unha mostra de sintonía que lle alegrase a existencia. Claro que esta Idade rematou co século XV, se ben parece que hai homes que non se enteraron, ou consideran que poden ca...
Galicia lidera un ano máis as candidaturas á bandeira Sendeiro Azul 2026, cun total de 72 rutas aspirantes, o que supón un 31% máis das que se presentaron na pasada edición. Unha vez analizadas polo xurado as propostas recibidas no conxunto do país, o seguinte obxectivo para Galicia é revalidar o resultado da pasada edición, cando repetiu a súa posición como comunidade co maior número de distintivos deste tipo: 54 das 154 bandeiras concedidas no conxunto do país e unha rede de itinerarios azuis que sumou 388,66 quilómetros. A Bandeira Sendeiro Azul é concedida desde hai anos pola Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac).
O mapa vitivinícola galego artéllase arredor de cinco denominacións de orixe -Valdeorras, Ribeiro, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra- e catro indicacións xeográficas protexidas -Terra de Betanzos, Ribeiras do Morrazo, Val do Miño-Ourense e Barbanza e Iria-, ademais das IXP específicas para bebidas espirituosas -Licor Café, Licor de Herbas, Orujo de Galicia e Augardente de Herbas-. Estes selos certifican a procedencia e o control rigoroso do proceso produtivo, reforzando a confianza do consumidor e permitindo que os produtos agroalimentarios galegos gañen presenza e competitividade nos mercados. A súa trazabilidade e garantía de calidade representan, en conxunto, a esencia do que identifica á Galicia Calidade.
Antes que ser esclavos