Noticias

Presentado o calendario das Feiras do Libro de Galicia deste ano, que contará con 13 citas desde o 23 de abril

A edición deste ano celebrarase baixo o título 'A porta a universos infinitos' e a cita inaugural será en Ferrol, do 23 ao 26 de abril. A continuación será a quenda de Santiago de Compostela, que terá lugar do 2 ao 10 de maio. En Lugo, pola súa banda, será do 13 ao 17 do mesmo mes, mentres que chegará ao Porriño do 14 ao 17 de maio. No mes de xuño, Redondela acollerá a súa feira do 11 ao 14 de xuño, mentres que en Ourense será do día 17 ao 20. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas desde o día 9 ata o 12 e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 día ata o 10, Viveiro do día 13 ao 19, Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos onde se celebrará do día 26 ao 29 de agosto.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación do calendario das Feiras do Libro de 2026, no que colaboran a Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia, e que este ano percorrerá 13 municipios galegos desde o 23 de abril e ata o 29 de agosto dando lugar a máis de 80 días de actividade cultural.

Tal e como explicou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a edición deste ano celebrarase baixo o título A porta a universos infinitos e a cita inaugural será en Ferrol, do 23 ao 26 de abril. A continuación será a quenda de Santiago de Compostela, que terá lugar do 2 ao 10 de maio. En Lugo, pola súa banda, será do 13 ao 17 do mesmo mes, mentres que chegará ao Porriño do 14 ao 17 de maio. No mes de xuño, Redondela acollerá a súa feira do 11 ao 14 de xuño, mentres que en Ourense será do día 17 ao 20. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas desde o día 9 ata o 12 e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 día ata o 10, Viveiro do día 13 ao 19, Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos onde se celebrará do día 26 ao 29 de agosto.

Ademais, nesta edición, o ciclo busca fomentar a participación, mediante o debate, a conversa e a interacción directa entre creadores e público; a creatividade, incorporando novas actividades como roteiros literarios ou propostas interdisciplinarias, e o dinamismo, a través de recitais, intervencións artísticas e formatos áxiles. Así mesmo, as Feiras do Libro deste 2026 serán máis accesibles mediante programación pensada para públicos diversos, actividades inclusivas e un acceso á información máis claro e sinxelo, na liña da Lei de cultura inclusiva e accesible aprobada pola Xunta de Galicia.

Neste senso, o director xeral de Cultura expuxo na presentación celebrada na Cidade da Cultura, a importancia “do papel das librarías no impulso deste hábito” e aproveitou para poñer en valor “o gran momento que estamos a vivir neste eido, como o demostra a publicación do Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros de España en 2025 no que se recolle que o 65,9% de galegos e galegas len libros no seu tempo libre por ocio”, establecéndose así coma unha das comunidades nas que máis subiu este índice nos últimos cinco anos.

Anxo M. Lorenzo aproveitou tamén para poñer en valor o traballo do Goberno galego para seguir a impulsar o sector do libro “mediante a posta en marcha do Plan de Dinamización da Lectura de Galicia con 115 medidas ata 2029 e unha inversión de máis de 60 M€”. A folla de ruta, a primeira destas características, busca seguir mellorando os hábitos lectores que sitúan á comunidade con índices superiores aos estatais e inclúen medidas de apoio a audiolibros en galego ou o fomento da adaptación de libros en lectura fácil.

R., 2026-03-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES