Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Soliloquios (9)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 13 de marzo de 2026
Coas cousas de comer
non se xoga;
e coas do querer,
menos aínda!
Son ditos dos vellos
que valen para os novos;
son ditos da prudencia,
que non ten idade.
¡Canto saber se bota a perder
por non prestarlles
atención
aos vellos de cada lugar,
de cada familia,
de cada país,
nosos en definitiva!
Son os mesmos que dicían:
Non botedes no prato
máis do que podades comer,
que outros hai esperando
polo que aquí estea
sobrando;
e se non hai famentos,
para o gato!
-.-

Botarlle peito á vida
non é valentía
senón imperativo vital,
que para algo estamos aquí!
Os pais..., que van ao traballo
cada día,
chova, neve, ou queime o sol,
para asegura-lo pan dos fillos.
A nai..., da que nada direi
porque
non hai palabras axeitadas,
de tanto que fai.
O empresario..., que xa leva pensado
a tarefa de cada día.
O deportista..., que se rebenta,
de tanto ensaiar.
Os rapaces..., que o son todo menos rapaces,
porque
nada rouban, que todo o merecen,
aínda que só sexa pola súa inocencia.
¡Nesta vida
cada quen ten o seu papel!
-.-
A información como materia prima
¡Estaríamos bos
se todo dependese de nós!
Ben mirado,
non é moito o que aportamos,
que todo nolo dan,
coma quen di,
posto no encerado;
e despois diso,
¡veña copiar!
-.-

Vantaxes de nacer, ou de vivir, en Lugo.
Soliloquios (9)

Lugo é a terra máis galega
de toda Galicia.
Os asturianos chámannos
“primos”,
pero iso sae de que somos
pacíficos...,
sen deixar de ser valentes.
¡Que lle pregunten a don Silo,
das Ásturies Rex!
Polo Norte confinamos con Inglaterra,
augas no medio;
polo Sur témolo Sil;
e de Poñente,
a Coruña do Fisterre.
¿Temos ou non unha boa parentela?
Somos bos veciños
porque...,
por que lles ensinamos a selo!
En definitiva,
que non hai nada como vivir
dando e recibindo,
como fan os nosos veciños!
-.-

Baixar o ritmo
Este consello non vale
para traballadores...,
¡porque non son capaces de aceptalo!
Baixar o ritmo
é saudable,
sempre que non conduza ao parasitismo.
Baixar o ritmo significa
descanso.
¿Descanso merecido?
¡Para os activos, si!
Baixar o ritmo non é quedarse sen música
senón,
e máis ben,
concentrarse en oíla.
A vida actual é acelerada,
mais,
se queremos un novo impulso,
compre apagar,
e despois, de novo,
acelerar,
se o motor non queremos
queimar!
Isto non vai cos folgazáns,
eses lunáticos que copian da lúa:
o seu resplandor...,
é reflexado!
-.-

O mérito está
no uso que fagamos dos materiais recibidos.
Se nacín labrego,
a miña obriga será sementar;
se nacín Dalí,
¿como podo inhibirme de pintar?
O mérito está en transformar;
séxase,
iso de engadir valores,
iso de mellorar,
coas ferramentas que teñamos á man.
Comezando, por onde?
¡Por min mesmo, obviamente,
pois cada quen responde
do seu material!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES