//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias turismo
A promoción do destino Galicia na Feira Internacional de Turismo, Fitur, remata con elevados índices de participación tanto nas xornadas profesionais como nas do público xeral. Ao longo dos cinco días nos que se celebrou a feira, a Comunidade galega amosou e promoveu novos produtos e experiencias turísticas vencelladas, entre outras, co Camiño de Santiago, a natureza, a gastronomía ou a auga, a temática na que se centraba o novo expositor institucional da Xunta de Galicia, que acolleu preto de medio cento de presentación.
A Comunidade galega asume desde hoxe oficialmente a coordinación da marca turística da España Verde co propósito de avanzar da man do ecoturismo e sostibilidade nos distintos territorios que conforman a marca que son, ademais de Galicia, tamén Asturias, Cantabria e o País Vasco. No transcurso da Feira Internacional de Turismo, Fitur, que está a ter lugar en Madrid esta semana, celebrouse o acto no que se oficializou o traspaso de poderes entre o País Vasco e a Comunidade galega, que asume este 2024 a coordinación anual desta marca turística. No acto participaron o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas e o consejero de Turismo, Comercio e Consumo do Goberno Vasco, Javier Hurtado, como coordinador saínte. Estiveron acompañados por conselleiros das outras comunidades.
O turismo galego mantén ata outubro a senda do crecemento segundo se constata cos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística, que eleva a máis de 6,4 millóns de viaxeiros aloxados nos establecementos turísticos nos 10 primeiros meses do ano que fixeron máis de 12 millóns de noites, o que supón incrementos do 6,5 % e do 5,9 %, respectivamente. Esta situación está a repercutir, ademais, desde o punto de vista económico, no sector como indican os índices de rendibilidade hoteleira que están incrementándose un 7 %, os datos máis altos desde que hai rexistros.
A sostibilidade é un dos aspectos nos que o Goberno galego vén traballando nas últimas décadas no tocante ao Camiño de Santiago. Iniciouse este traballo co Plan Director dos Camiños de Santiago 2015-2021, e continúa, reforzado con 66 millóns de euros, no Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027, coa ollada posta no vindeiro Ano Santo 2027. Estes traballos xa supuxeron grandes avances en xestión ambiental, eficiencia enerxética ou hídrica, e en sensibilización de peregrinos e residentes. Entre os traballos realizados cabe destacar a posta en marcha de varios proxectos, como a catalogación do patrimonio natural e biodiversidade do Camiño, o plan de residuos da Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago, a impulsión da compostaxe no rural, e outras tarefas de concienciación entre os peregrinos para a separación de residuos e uso de bolsas biodegradables axustables ás mochilas.
Esta sondaxe, elaborada pola Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia amosa unha valoración global moi positiva. Nos últimos anos, entre o 86 % e o 90 % dos galegos valora de forma positiva ou moi positiva a presenza de turistas en Galicia. Son porcentaxes que apenas varían desde o ano 2021 e que son maiores naqueles segmentos vinculados directa ou indirectamente co turismo e moi positiva tamén no resto da poboación. Se nos cinguimos a este mesmo ano 2023, a valoración é dun 8,2 entre os que teñen unha relación directa ou indirecta co turismo e dun 7,6 o resto.
Ata o mes de setembro a Comunidade rexistrou máis de 5,7 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 11 millóns de noites, tanto nos establecementos hoteleiros (hoteis e pensións), como extrahoteleiros (apartamentos, campings, albergues e turismo rural), o que supón un incremento do 6,4% en número de viaxeiros aloxados e do 6,1% en canto as noites neste ano. Estes bós datos veñen impulsados pola boa afluencia de viaxeiros no mes de setembro. Como revelan os datos do INE que hoxe fixo públicos sobre os establecementos extrahoteleiros, só nestes establecementos o número de viaxeiros medrou un 21% ese mes. A estes súmanse os datos en hoteis e pensións xa coñecidos a semana pasada e que dan como resultado que só en setembro máis de 865.000 viaxeiros se hospedaron nos establecementos de aloxamento galegos.
O turismo de Galicia avanza na súa recuperación tanto de xeito cuantitativo, con máis viaxeiros que fan tamén máis noites en Galicia, pero tamén con importantes avances de xeito cualitativo desde o punto de vista económico. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre a actividade turística no mes de setembro nos hoteis e pensións galegas. O INE revela que foi o mellor mes de setembro desde que hai rexistros nestes establecementos. Así, en setembro preto de 594.000 viaxeiros escolleron os hoteis e pensións galegos, que fixeron 1,1 de noites, cifras que superan nun 4,6 % en un 3,2 % respectivamente as do ano pasado.
A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia vén de desenvolver unha ferramenta interactiva denominada A paisaxe galega desde a bicicleta, que permite realizar un percorrido virtual ao longo de 2.300 quilómetros pola nosa Comunidade a través de 52 rutas. O obxectivo é a divulgación e a conservación da paisaxe galega, combinadas coa práctica do ciclismo como actividade saudable e ecolóxica, dado que ofrece unha proposta turística sostible con cero emisións.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a consolidación do "auxe turístico" de Galicia, ao rexistrar 3,7 millóns de viaxeiros aloxados e 6,8 millóns de noites nos sete primeiros meses deste 2023, o que supón un 8 % más que no 2022. Obsérvase así que a comunidade "consolida unha tendencia moi boa" en materia turística, debido a varios motivos entre os que destaca o feito de que este ano aumentou o número de turistas estranxeiros, que xa presentan o 30 % do total e que con dous millóns de pernoitas supoñen tamén un "récord histórico". De igual xeito, os aeroportos galegos rexistraron "máximos de pasaxeiros" con 3,4 millóns, co liderado de Lavacolla (2 millóns).
Dita rede, que ten un fin educativo e de sensibilización social, remarca a importancia da conduta da poboación adulta coa idea de que sirva de modelo para os máis novos. Así o destacou a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán, na súa visita á praia da Magdalena, para dar conta das novas incorporacións á Rede Galega de Praias sen Fume, nun acto no que estivo acompañada do alcalde do Concello, Fernando Couce. As dez praias que se engaden á rede son, ademais da Magdalena en Cabanas, as de Área Maior, Agrocovo, O Fogareiro, O Portiño do maio e Reimúndez, todas elas no Concello de Muros; e as do Espiñeiro, Mera, Naval-Santa Cruz e Santa Cristina no desaugadoiro do río, no Concello de Oleiros.
O congreso internacional World Trails Conference, que se vén celebrando en Santiago de Compostela desde o mércores coa participación de representantes das mellores rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación de todo o mundo pechouse despois de poñer de manifesto o papel do Camiño de Santiago como referente internacional no seu modelo de xestión.
Unha mostra de cine ao redor das mellores rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación de todo o mundo completará o programa de actividades do World Trails Conference, o congreso internacional impulsado por Turismo de Galicia que reunirá a partir do vindeiro mércores 26 de setembro en Santiago de Compostela a representantes dunha selección dos mellores itinerarios dos cinco continentes.
Un total de 325.417 persoas visitaron entre xuño, xullo e agosto unha das catro illas que conforman o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Esta cifra preliminar foi aportada esta mañá pola directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, durante a rolda de prensa para presentar o balance de visitas ás illas do Parque Nacional, onde indicou que se trata de cifras preliminares, á espera do peche das bases de datos co fin da campaña.
O Outono Gastronómico trátase dunha exitosa proposta de turismo rural que combina restauración e aloxamento con modalidades e prezos moi atractivos. Os establecementos participantes ofertarán 38 menús diferentes deseñados expresamente con motivo desta cita, e que serán elaborados con produtos galegos de recoñecida calidade. Estarán dispoñibles todas as fins de semana, agás ás do 12 ao 14 de outubro e 7 ao 9 de decembro.
O programa de artes escénicas Vive o Camiño ten programadas unha ducia de actuacións nas vindeiras semanas, a primeira das cales terá lugar este luns na cidade de Pontevedra. Será a cargo de Celso F. Sanmartín e Najla Shami Dúo ás 22,00 horas na praza do Teucro de balde para todos os públicos. Vive o Camiño ofrece durante este verán máis de 40 actividades que enchen de música e teatro os concellos galegos do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa.
O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde avanzou que o Executivo Provincial está executando os pasos para poñer en marcha o novo Consello Provincial de Turismo da Provincia. Unha vez publicado no BOP, o pasado 5 de maio, e non presentándose ningunha reclamación, o texto normativo queda aprobado definitivamente. Por iso esta mesma semana puxémonos en contacto coas asociacións e entidades que forman parte deste novo ente, para que nos comuniquen o nome das persoas que formarán parte deste Consello.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, o director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), Miguel Ángel Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, presentaron dous novos proxectos para posicionar a Comunidade como destino náutico de referencia internacional.
Mais de 22.000 persoas pasaron polos centros de interpretación do Camiño de Santiago no primeiro semestre deste ano. Galicia conta con catro infraestruturas deste tipo en tres itinerarios distintos, amais de na súa meta: o centro do Cebreiro, no Camiño Francés; o de Mondoñedo, no Camiño do Norte, e o centro de Lugo, no Camiño Primitivo.
Representantes del IE Business School, AEHM, Grupo Linkers (Linkers y Hosteleo), Cegos conjuntamente con el CSHG Alumni y como continuación de la segunda edición del Debate de Formación Hotelera, han aunado sus fuerzas para dar forma al OBSERVATORIO DE LA FORMACIÓN TURÍSTICA. La cita se desarrolló en el Centro Superior de Hostelería de Galicia el pasado 19 de junio, impulsada y organizada por CSHG Alumni -Antiguos Alumnos del Centro Superior de Hostelería de Galicia-.
As rutas dos Faros e a Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo río Sil inauguraron esta fin de semana cun cen por cen de ocupación nas súas primeiras saídas, a sexta edición do programa Trens Turísticos de Galicia. Desde hoxe e ata o mes de outubro realizaranse 56 saídas nas 12 rutas temáticas programadas e que, por primeira vez, inclúen teatralizacións nalgúns itinerarios a cargo de personaxes que descubrirán a historia dos lugares que atravesan.