A Deputación de Lugo pon en marcha o Consello Provincial de Turismo
O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde avanzou que o Executivo Provincial está executando os pasos para poñer en marcha o novo Consello Provincial de Turismo da Provincia. “Unha vez publicado no BOP, o pasado 5 de maio, e non presentándose ningunha reclamación, o texto normativo queda aprobado definitivamente. Por iso esta mesma semana puxémonos en contacto coas asociacións e entidades que forman parte deste novo ente, para que nos comuniquen o nome das persoas que formarán parte deste Consello.

Esta actuación forma parte do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo (2017-2020), co que o Goberno Provincial esta desenvolvendo actuacións concretas, para impulsar o crecemento e a transformación do sector turÃstico na provincia, na procura dun modelo máis competitivo e rendible. Esta nova entidade foi reclamada polo propio sector dentro das mesas de traballo que se realizaron en torno a este Plan.
O obxectivo deste Consello Provincial é impulsar o crecemento e a transformación do sector turÃstico na provincia, na procura dun modelo máis competitivo e rendible, e que ao mesmo tempo, traballe en prol do desenvolvemento consensuado dos plans de actuación e promoción conxunta da marca do destino. Outras das súas finalidades é artellar xunto cos diferentes axentes da cadea turÃstica xerar compromiso, unificar os obxectivos e colaborar en proxectos asegurando un bo modelo turÃstico.
Prazo ata o 14 de setembro
Trala súa publicación no BOP, o Executivo Provincial, xa puxo pon en marcha o proceso para poñelo en funcionamento, demandando a todos os organismos implicados que nomeen o seus representantes en dito Consello. Todas as organizacións e asociacións implicadas neste proxecto teñen de prazo ata o 14 de setembro para comunicar á Deputación, mediante un escrito no Rexistro, o nome e os datos da persoa que formará parte deste novo organismo de participación.
Están convocadas un total de 26 institucións, relacionadas co turismo na nosa provincia, entre as que se inclúe, a USC, a Federación Galega de Comercio, o Clúster de Turismo de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios da HostalarÃa, a Federación Galega de Turismo Rural, a Asociación Galega de Axencias de Viaxe, un representante de Auxilia, asà como representantes de grupos polÃticos, entre outras.
Plan Estratéxico de Turismo da Provincia
Con este Plan Estratéxico, completamente participativo e aberto; establecéronse 4 eixes, 6 liñas estratéxicas, 14 plans de actuación e 71 accións a impulsar. Algunhas das actividades concretas , entre as que se atopa a creación deste Consello de Turismo provincial e participativo, un plan de sinalización vinculado ás novas tecnoloxÃas, mellorando a accesibilidade aos recursos turÃsticos da provincia, o impulso á organización de eventos relacionados coa gastronomÃa, fomento dunha rede de eventos culturais da provincia de Lugo, entre outras.
Deputación de Lugo, 2018-08-27
Actualidad

Galicia consolida o seu liderado na taxa de escolaridade de 0 a 3 anos e mantense por riba do 60%, máis de 13 puntos superior á media de España, segundo os últimos datos oficiais que vén de publicar o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Esta porcentaxe sitúa á nosa comunidade ao nivel dos paÃses con maiores Ãndices de benestar en Europa, como Suecia ou Dinamarca. Galicia é a comunidade autónoma onde o programa da gratuidade é máis completo, xa que ningunha outra ofrece ata 8 horas diarias e 11 meses por curso atención educativa totalmente de balde ao 100% do alumnado e en todas as escolas infantÃs: as públicas, as de iniciativa social e as privadas.

Os complexos hospitalarios universitarios de Santiago de Compostela e de Vigo veñen de ser seleccionados para a administración de terapias CAR-T en pacientes adultos. Esa designación formalizarase mediante resolución da SecretarÃa de Estado de Sanidade, logo da validación por parte do Grupo Institucional do Plan para a Abordaxe das Terapias Avanzadas no Sistema Nacional de Saúde. Galicia xa dispoñÃa desde 2022 de dous centros designados polo Ministerio de Sanidade para a administración de terapia CAR-T: o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña administraba estes medicamentos avanzados en pacientes adultos e o de Santiago de Compostela en pacientes pediátricos.
Notas
Nanotechnology & Biomedicine: where science meets the future. Baixo este lema o CINBIO celebrará o vindeiro mes de xullo o seu oitavo Annual Meeting, renovando o seu firme propósito por visibilizar as ferramentas que marcarán a medicina do futuro. Un ano máis, Vigo converterase no punto de encontro no que cientÃficos de todo o mundo compartirán a súa experiencia en quÃmica, fÃsica, bioloxÃa, medicina, nanotecnoloxÃa e saúde.
Especialistas do Grupo Iacobus da USC abordarán do 21 ao 22 de maio a análise de diversas obras seleccionadas entre os numerosos bens culturais que conserva o Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo. A finalidade deste foro que leva por tÃtulo 'Tempo de arte. Obras de museo III' é poñer en valor a súa colección e difundila á cidadanÃa a través deste curso monográfico coordinado por Miriam E. Cortés e Patricia Cupeiro, profesoras da USC, e Marcos Calles, director do Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo.