
O evento, que nace con vontade de continuidade, realízase seguindo un formato de colaboración entre o Grupo Iacobus e distintas institucións culturais de Lugo e que xa gozou de éxito nas súas primeiras edicións no Museo Provincial. Neste caso, o Grupo Iacobus centrarase no patrimonio da sé lucense. A actividade presenta unha programación moi variada na que teñen cabida pezas moi representativas do noso patrimonio medieval, moderno e contemporáneo, coma o cancel de Saamasas, o retablo maior da catedral ou a capela da Virxe dos Ollos Grandes, apuntan dende a organización. Tamén se abordará o legado de figuras relacionadas coa catedral coma Manuel Fernández Varela ou Antonio Fernández Montenegro.
Especialistas como José Manuel García Iglesias, José Manuel López Vázquez, Juan Monterroso Montero, Begoña Fernández Rodríguez ou David Chao Castro danse cita nestas xornadas, que terán lugar no Auditorio da Fundación ABANCA. Un dos puntos de maior interese destes monográficos é a visita guiada ás obras da colección do Museo Diocesano e Catedralicio, en horario de tarde, para o que é necesario formalizar insctición. A matrícula é de balde, e pode realizarse ata o día 19 de maio a través dun formulario en liña.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.