
Estas temáticas de discusión coinciden coas principais liñas de investigación do CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade, que por oitavo ano consecutivo será o anfitrión desta iniciativa.
A cita será os días 10 e 11 de xullo no museo Marco de Vigo, converténdose o emprazamento nunha das principais novidades deste ano. Queremos achegar o evento ao centro da cidade e conseguir que o Annual Meeting siga crecendo en participación, explican desde o comité organizador, composto por once investigadoras e investigadores e unha técnica do CINBIO. Entre eles, está o Carlos Renero, que subliña que un dos puntos fortes do evento é a súa multidisciplinariedade, sendo unha oportunidade única para que estudantes de doutoramento e persoal investigador de prestixio en ramas como a nanotecnoloxía e a biomedicina coincidan nun mesmo espazo, presenten o seu traballo e intercambien ideas que poden ser o xermolo de futuras colaboracións.
Este ano o evento conta cunha participación máis ampla tanto no comité organizador como no comité científico, que será o encargado de avaliar os relatorios e os pósters que serán presentados durante os dous días do congreso, destacan Valeria Zoni e Noelia Flórez. Ambas engaden que tanto o equipo organizador como o persoal que forma parte do comité científico participa de forma voluntaria co fin de mellorar a calidade das conferencias en cada edición.
O prazo de inscrición para asistir ou participar cun relatorio estará aberto ata o 30 de maio. As persoas interesadas poden acceder ao formulario de inscrición a través da web do evento, onde tamén se publicará o programa definitivo.
Nanomateriais e biomedicina serán o foco das sesións
A selección de persoas relatoras e panelistas céntrase nas dúas grandes áreas de investigación do CINBIO: os nanomateriais e a biomedicina. Aínda que o programa non está pechado, xa está confirmada a participación de científicas e científicos de prestixio como Clemént Sánchez, director do Laboratorio de Química da materia condensada na Universidade Pierre y Marie Curie (Sorbonne Université-UPMC) ou Annemiek van Spriel, da Universidade Radboud en Países Baixos, que serán os encargados de abrir as sesións cada día.
O comité organizador desta oitava edición agarda unha participación de preto de 150 persoas, tendo en conta os datos acadados nas pasadas edicións, que contaron coa presenza de persoal investigador da Universidade de Vigo (especialmente do CINBIO) e doutros centros de investigación de Vigo (IEO-CSIC, IISGS) e outras institucións de Galicia (USC, IDIS, UDC); así como de Portugal (INL, Universidade de Minho, Universidade de Porto).
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.