A World Trails Conference salienta o papel do Camiño de Santiago como referente internacional
O congreso internacional World Trails Conference, que se vén celebrando en Santiago de Compostela desde o mércores coa participación de representantes das mellores rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación de todo o mundo pechouse despois de poñer de manifesto o papel do Camiño de Santiago como referente internacional no seu modelo de xestión.

A ruta xacobea ocupou varios dos relatorios destes dÃas, nos que tamén se puideron coñecer as experiencias de, entre outros, o Camiño Kumano Kodo -Patrimonio Mundial e irmandado co Camiño de Santiago desde hai 20 anos- o Camiño Shikoku Henro, co que tamén Galicia mantén férreas alianzas de colaboración, os Camiños de Jeju Olle, en Corea do Sur, o trazado máis largo e alto do mundo e que está situado no Nepal, asà como rutas de Taiwan, Grecia, Irlanda ou Xordania, entre outros.
A xornada de clausura de hoxe sábado contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e cunha conferencia maxistral do director executivo da Organización Mundial do Turismo (OMT), Manuel Butler. Durante o dÃa desenvolveranse presentacións nun formato áxil e dinámico ao redor da xestión realizada en itinerarios como a Ruta dos Fiordos occidentais, en Islandia ou os Sendeiros dos Apalaches, en Estados Unidos, entre outras. Haberá tamén un ciclo de cine dos itinerarios do mundo.
A World Trails Conference é o congreso internacional organizado cada dous anos pola rede mundial de camiños e sendeiros World Trails Network. Este ano, a primeira vez que se celebra en Europa, contou coa colaboración da ConsellerÃa de Cultura e Turismo. Permitiu afondar na contribución cultural e económica que os itinerarios conseguen nos distintos destinos turÃsticos, áreas protexidas e espazos rurais que atravesan.
World Trails Conference, 2018-10-01
Actualidad

Galicia consolida o seu liderado na taxa de escolaridade de 0 a 3 anos e mantense por riba do 60%, máis de 13 puntos superior á media de España, segundo os últimos datos oficiais que vén de publicar o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Esta porcentaxe sitúa á nosa comunidade ao nivel dos paÃses con maiores Ãndices de benestar en Europa, como Suecia ou Dinamarca. Galicia é a comunidade autónoma onde o programa da gratuidade é máis completo, xa que ningunha outra ofrece ata 8 horas diarias e 11 meses por curso atención educativa totalmente de balde ao 100% do alumnado e en todas as escolas infantÃs: as públicas, as de iniciativa social e as privadas.

Os complexos hospitalarios universitarios de Santiago de Compostela e de Vigo veñen de ser seleccionados para a administración de terapias CAR-T en pacientes adultos. Esa designación formalizarase mediante resolución da SecretarÃa de Estado de Sanidade, logo da validación por parte do Grupo Institucional do Plan para a Abordaxe das Terapias Avanzadas no Sistema Nacional de Saúde. Galicia xa dispoñÃa desde 2022 de dous centros designados polo Ministerio de Sanidade para a administración de terapia CAR-T: o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña administraba estes medicamentos avanzados en pacientes adultos e o de Santiago de Compostela en pacientes pediátricos.
Notas
Nanotechnology & Biomedicine: where science meets the future. Baixo este lema o CINBIO celebrará o vindeiro mes de xullo o seu oitavo Annual Meeting, renovando o seu firme propósito por visibilizar as ferramentas que marcarán a medicina do futuro. Un ano máis, Vigo converterase no punto de encontro no que cientÃficos de todo o mundo compartirán a súa experiencia en quÃmica, fÃsica, bioloxÃa, medicina, nanotecnoloxÃa e saúde.
Especialistas do Grupo Iacobus da USC abordarán do 21 ao 22 de maio a análise de diversas obras seleccionadas entre os numerosos bens culturais que conserva o Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo. A finalidade deste foro que leva por tÃtulo 'Tempo de arte. Obras de museo III' é poñer en valor a súa colección e difundila á cidadanÃa a través deste curso monográfico coordinado por Miriam E. Cortés e Patricia Cupeiro, profesoras da USC, e Marcos Calles, director do Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo.