Arranca a nova tempada dos 'Trens TurÃsticos de Galicia'
As rutas dos Faros e a Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo rÃo Sil inauguraron esta fin de semana cun cen por cen de ocupación nas súas primeiras saÃdas, a sexta edición do programa Trens TurÃsticos de Galicia. Desde hoxe e ata o mes de outubro realizaranse 56 saÃdas nas 12 rutas temáticas programadas e que, por primeira vez, inclúen teatralizacións nalgúns itinerarios a cargo de personaxes que descubrirán a historia dos lugares que atravesan.

As dúas rutas inaugurais que saen hoxe permiten coñecer boa parte dos mellores recursos da costa e do interior de Galicia. No caso do itinerario dos Faros, este ano inclúe por vez primeira un programa opcional para coñecer Ferrol en profundidade. O seu percorrido, comprende, entre outros, unha visita a Cabo Ortegal, Santo André de Teixido, o Cabo de Estaca de Bares, O Barqueiro ou Ribadeo. Pola súa banda, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo Sil permite coñecer enclaves como Monforte de Lemos, o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e inclúe visitas a adegas desta Denominación de Orixe e paseo en catamarán.
Xunto a elas, nos vindeiros meses esta proposta turÃstica permitirá introducir novidades como a nova Ruta dos Mosteiros, coa que se poderán visitar o pazo de Oca, e o mosteiro de Carboeiro, ademais do mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea, ou o templo da Veracruz do Carballiño. Rematarase a xornada no balneario de Caldas de Partovia. Tamén se estreará a Ruta do Viño da Ribeira Sacra do Miño. No seu itinerario estarán presentes, espazos como o Ecomuseo Arxeriz amais dun paseo en catamarán polo Miño.
A elas sumaranse, a Ruta polos Pazos e XardÃns Históricos de Galicia, a Ruta dos Viños da Ribeira Sacra e de Valdeorras, a Ruta do viño das RÃas Baixas, a Ruta dos viños do Ribeiro-RÃas Baixas, a Ruta do Viño Monterrei, a Ruta da Lamprea, a Ruta Lugo Romano e a Ruta Ourense termal e Versalles, que remata nas Termas de Outariz. As viaxes teatralizadas pola Ruta do Viño Monterrei, a Ruta dos Viños do Ribeiro e RÃas Baixas e a Ruta Lugo Romano.
Turismo de calidade e sustentable
Os Trens TurÃsticos de Galicia 2018 son unha proposta de turismo de calidade, tranquilo e sustentable que encaixa co modelo turÃstico galego plasmado na Estratexia do turismo de 2020. Inclúen viaxes en tren, visitas guiadas e traslados en autobús e teñen un prezo por ruta de 40 euros para adultos e 20 euros para os nenos de entre 3 e 13 anos. Os billetes pódense adquirir na web de Renfe. Amais, pódese atopar toda a información na web de Turismo de Galicia ou no teléfono 912 555 912 da Central de Reservas de Trens TurÃsticos.
Trens TurÃsticos de Galicia, 2018-06-04
Actualidad

Historias LGBTI da Galicia Orgullosa é un proxecto cunha visión a longo prazo para facer crecer a rede de relatos e lembranzas que axuden a construÃr un relato máis diverso e real da historia galega. Neste sentido, estase traballando nun espazo dixital colaborativo aberto á cidadanÃa que parte dunha selección de imaxes históricas e actuais para que calquera persoa poida contribuÃr a tecer o relato. A exposición, que xa estivo durante o mes de xullo no edificio da Pirámide de San Caetano, recolle imaxes históricas de casos coñecidos, como o de Elisa e Marcela, e doutras experiencias vitais con menos eco como a de Maruja Roca, Manolito Soler ou Dalia Flores.

Entre os fitos máis destacados figuran o desenvolvemento dunha estratexia de observación e monitorización oceánica, apoiada, entre outras, en ferramentas de mapeo da información mariña como FARO e a Plataforma Big Data, que integra e procesa grandes volumes de datos con control de calidade e acceso unificado. Estes recursos consolidan o camiño cara a unha gobernanza baseada en datos e reforzan a sustentabilidade do litoral galego. No marco desta estratexia, Galicia conta agora con novas ferramentas para optimizar a xestión do medio mariño e dos seus recursos, mellorar a resposta fronte a ameazas ambientais e anticiparse aos impactos do cambio climático.
Notas
A eólica mariña flotante ofrece unha solución viable para xerar electricidade en augas profundas, onde non é posible ancorar aeroxeradores ao leito mariño mediante estacas (tamén coñecidas como pilotes) ou outras cimentacións fixas. Esta tecnoloxÃa resulta especialmente adecuada para o Arco Atlántico, unha zona con alto potencial enerxético eólico, pero tamén con condicións oceánicas complexas que dificultan as solucións tradicionais.
Durante o proceso de replicación do ADN, a dobre hélice clásica pode reorganizarse de forma transitoria nunha estrutura alternativa coñecida como ADN de tres vÃas. Estas configuracións forman un cavidade central ben definida, capaz de aloxar moléculas con propiedades e caracterÃsticas especÃficas. O ADN de tres vÃas asociouse a certos procesos tumorais, emerxendo como unha prometedora diana terapéutica.