Noticias

A Rede Galega de Praias Sen Fume conta xa con 224 areais libres de tabaco, tras incluír 10 máis

Dita rede, que ten un fin educativo e de sensibilización social, remarca a importancia da conduta da poboación adulta coa idea de que sirva de modelo para os máis novos. Así o destacou a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán, na súa visita á praia da Magdalena, para dar conta das novas incorporacións á Rede Galega de Praias sen Fume, nun acto no que estivo acompañada do alcalde do Concello, Fernando Couce. As dez praias que se engaden á rede son, ademais da Magdalena en Cabanas, as de Área Maior, Agrocovo, O Fogareiro, O Portiño do maio e Reimúndez, todas elas no Concello de Muros; e as do Espiñeiro, Mera, Naval-Santa Cruz e Santa Cristina no desaugadoiro do río, no Concello de Oleiros.

Carmen Durán sinalou que o Programa Praias sen Fume botou a andar no ano 2016, “sendo Galicia a primeira comunidade que puxo en marcha un proxecto deste tipo”. Os seus obxectivos inciden na promoción dunha vida sen tabaco, a desnormalización do seu consumo na sociedade e o respecto e o coidado das praias e do medio ambiente.

A directora xeral amosouse moi contenta cos resultados e confía en que “nos acheguen ao obxectivo da Xunta de reducir no 2027 a incidencia do consumo do tabaco diario na poboación adulta por baixo do 15% e nos adolescentes por baixo do 5%”.

A finais do pasado mes de maio a Xunta de Galicia presentou o Plan Inspira Saúde con medidas multidisciplinares para diminuír o consumo de tabaco, e Carmen Durán dixo que o Executivo galego traballa na creación dunha rede de apoio á cesación tabáquica, “co seguimento dos nosos profesionais especialistas en tabaquismo a través da plataforma tecnolóxica TELEA”. Este plan tamén tratará ao mesmo nivel que o tabaco convencional os dispositivos tipo vapeadores ou cigarros electrónicos.

Inspira Saúde, -remarcou a directora-, “supón continuar coas liñas que xa estabamos a aplicar. Así, coa vontade de ampliar os espazos libres de tabaco, en xaneiro creamos a Rede galega de Parques sen Fume, coa incorporación dos primeiros 18 concellos”.

Na súa intervención, Carmen Durán deu as grazas ao Concello de Cabanas, así como a todos os que forman parte da Rede de Praias sen Fume, “por axudarnos a reducir o impacto do tabaco nos nosos areais”.

R., 2023-08-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (wos-festival-2025.jpg) A novena edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia reunirá 26 proxectos de música electrónica e experimental contemporánea, con propostas que transitan pola composición electroacústica, a música de club, a improvisación, a performance audiovisual e diferentes formatos híbridos. A programación destaca ademais pola súa dimensión internacional e polo carácter inédito de boa parte das propostas. Así, 13 dos 26 proxectos da programación principal chegarán a Santiago sendo estreas en España. Entre eles figura a presentación mundial do novo concerto audiovisual de Blood of Aza.
Foto de la tercera plana (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.

Notas

Charo Lopes (Boiro, 1988) é a gañadora do XXIII Premio González Garcés de Poesía, convocado pola Deputación da Coruña, coa obra 'O diálogo das siamesas', presentada baixo o seudónimo de María Dolores Oliveira. Charo Lopes é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (2010), titulada superior en Fotografía Artística pola ESAD Antonio Faílde (2012) e Máster en Literatura, Cultura e Diversidade pola Universidade da Coruña (2018).
Logo dos traballos desenvolvidos no Corro dos Mouros entre 2023 e 2025, a cuarta campaña de escavacións na parroquia de Santa María Madalena de Adai (Lugo), na propiedade da Asociación da Comunidade de Montes M.V.M.C. Vecinos de Adai, profunda agora en dous abrigos, un deles, coñecido como Pena Travesa, cun petróglifo con deseños complexos de cazoletas na parte superior da rocha.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES