
A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado, formado por autoras e autores galegos de recoñecido prestixio e que representan diferentes xeracións da poesía galega actual: Marta Dacosta, Daniel Salgado, Silvia Penas, Jesús Castro e Estíbaliz Espinosa Río. Como secretaria actuou Manuela Muñiz Souto, xefa da área provincial de Cultura.
Da obra premiada, das 72 que concorreron ao certame, o xurado destacou que é un relato actual do mundo, do presente, que supera a experiencia persoal, o cotiá e os grandes temas con eficacia. O comité avaliador valou a construción dunha voz bicéfala con retranca e humor negro que indaga na dualidade, na negociación interna. A través dun corpo compartido, salientou, a autora consigue unha translación do eu ao colectivo, nun conxunto de poemas formalmente ben articulado, con amplos rexistros e carácter, con moi bo manexo da repetición e catalogación dos seus elementos.
A autora
Charo Lopes é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (2010), titulada superior en Fotografía Artística pola ESAD Antonio Faílde (2012) e Máster en Literatura, Cultura e Diversidade pola Universidade da Coruña (2018).
Como poeta gañou o 1º premio Xuventude Crea 2014 por Random do quotidiano, o Fiz Vergara Vilariño, co que publicou De como acontece o fim do mundo (Espiral Maior, 2016), e o XXXV premio de poesía Cidade de Ourense, con Álbum (Aira Editorial, 2020).
En 2026 escribiu unha biografía de Begoña Caamanho, publicada no volume Begonha Caamanho, uma das nossas, xunto con un traballo de Lara Rozados e outro texto de Isaac Lourido.
Na actualidade é membro do consello de redacción no periódico Novas da Galiza e fai labores de comunicación e edición en Através Editora. Como fotógrafa está especializada en retrato.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.