Notas de prensa

A cuarta campaña de Adai profunda nun petróglifo único en Europa co que completar 'o coñecemento dunha paisaxe sagrada'

Logo dos traballos desenvolvidos no Corro dos Mouros entre 2023 e 2025, a cuarta campaña de escavacións na parroquia de Santa María Madalena de Adai (Lugo), na propiedade da Asociación da Comunidade de Montes M.V.M.C. Vecinos de Adai, profunda agora en dous abrigos, un deles, coñecido como Pena Travesa, cun petróglifo con deseños complexos de cazoletas na parte superior da rocha.

Tamén un petróglifo único en Europa cun gravado dun fondo de cabana duns 40 m2, “que permitirá completar o coñecemento dunha paisaxe sagrada”, explica a directora dos traballos, profesora da USC e investigadora do CISPAC, Pilar Prieto.

Complétase a investigación coa catalogación de seis mámoas e dous petróglifos novos. Queda pendente para finais de setembro a prospección xeofísica na zona para tratar de identificar restos de estruturas arqueolóxicas no subsolo e poder así organizar futuras investigación na zona. Os traballos comezaron o 31 de agosto e finalizarán o 18 de setembro.

Visita guiada

O 17 de setembro, ás 17.00 horas, farase unha visita guiada, de acceso libre polos xacementos escavados de Penas do Caldeiro. Esta campaña está sendo financiada polo proxecto ‘RODAS -Yacimientos funerario-rituales singulares del Final de la Edad del Bronce a la Edad de Hierro en el Noroeste Ibérico. Plan Nacional de PROYECTOS DE GENERACIÓN DE CONOCIMIENTO 2024’ da Axencia Estatal de Investigación (Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades do Goberno de España) e o proxecto de ‘Consolidación e estructuración 2025 GRC GI-1553 EcoPast da Xunta de Galicia’.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2026-09-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES