//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias tecnologia
O Mes da ciencia en galego ofrece actividades na Biblioteca de Galicia e nas bibliotecas públicas Miguel Ángel Garcés da Coruña, de Lugo, Nós de Ourense, Antonio Odriozola de Pontevedra, Ánxel Casal de Santiago e Juan Compañel de Vigo. Entre as propostas previstas cómpre destacar obradoiros infantís de robótica, de física e química a través da cociña, de achegamento as figuras das científicas galegas Ánxeles Alvariño e Isabel Zendal e de xoguetes, entre moitas outras. Para a cativada e público familiar haberá obradoiros, contacontos e espectáculos teatralizados. En todos os centros se disporán mostras bibliográficas con material de divulgación científica.
O Polo Aeroespacial foi presentado no marco do congreso World ATM Congress, a principal conferencia a nivel mundial sobre xestión do tráfico aéreo, e Expodrónica, a feira de drons máis importante no sur de Europa, que se están a celebrar conxuntamente estes días no recinto feiral de Ifema. O Polo Aeroespacial de Galicia preséntase como unha iniciativa estratéxica con grande capacidade transformadora e importantes resultados acadados na fase anterior 2015-2020: 164 millóns de euros de investimento público-privado mobilizado; colaboración con empresas tractoras como Indra, Babcock e Boeing, máis de 900 profesionais, 60 solucións tecnolóxicas e cinco novas empresas en Galicia.
A transformación dixital está a mudar a configuración do persoal do tecido produtivo galego. Este ano un 13,6% das empresas galegas de 10 ou máis empregados conta con perfís TIC entre os seus traballadores e un 9% contratou ou tentou contratar un especialista do ámbito tecnolóxico no último ano. A pesar de que aínda son porcentaxes baixas polo carácter emerxente destas tecnoloxías, Galicia ocupa a segunda posición entre as comunidades que contratan perfís especialistas en Intelixencia Artificial e o noveno posto en Ciberseguridade. Os datos tamén reflicten o impacto da Covid-19 na adopción do teletraballo. Así o 45,3% das empresas de máis de 10 empregados afirma contar con persoal que teletraballa.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe unha achega de 11,6 millóns de euros para poñer en marcha a primeira fase do Polo de Tecnoloxías Cuánticas con aplicacións na medicina, biotecnoloxía, aeronáutica ou telecomunicacións. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo subliñou que esTENOta primeira fase permitirá despregar as infraestruturas necesarias, do polo, como: un simulador e un computador cuántico; un sistema de computación de altas prestacións; e un sistema de almacenamento exclusivo para computación cuántica que estará no Centro de Datos do Cesga.
A Xunta de Galicia colabora coa empresa Boeing e a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia na posta en marcha no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) de San Cibrao das Viñas da primeira Aula Newton de España. Trátase dunha grande oportunidade para que estudantes de entre 14 e 16 anos se acheguen ás materias de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM) dun xeito innovador, empregando equipos de alta calidade, colaborando, debatendo e divertíndose.
O Polo Aeroespacial de Galicia é un dos proxectos tractores que recolle a candidatura galega aos fondos europeos Next Generation, que podería chegar a mobilizar 540M. De feito, é xustamente co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) con quen a Xunta ten aberta neste momento a licitación para dotar as instalacións de Rozas dun entorno de simulación avanzado de xestión do tráfico aéreo. A Axencia Galega de Innovación (Gain) xa recibiu un total de dez propostas para ser novos socios estratéxicos do Polo Aeroespacial de Galicia durante os vindeiros cinco anos.
A investigación de excelencia e a transferencia de coñecemento en todas as áreas das matemáticas constitúen o eido de actuación do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemáticas de Galicia (CITMAga) que nace como froito da suma de esforzos das tres universidades galegas. UVigo, USC e UDC únense para conformar este novo centro que aspira a converterse nun piar de excelencia científica dentro do ecosistema de innovación e investigación de Galicia, formando, atraendo e retendo talento, para dotar á sociedade e á industria galega e española de coñecemento innovador e vantaxes competitivas e sostibles a través do acceso a capacidades científicas e tecnoloxías de primeiro nivel, sinalan dende as tres institucións.
Máis dun millón de likes en stories, vídeos e publicacións, máis de 800.000 reproducións dos clips de vídeo que foron subindo ás súas redes, máis de 300 stories cunha media de alcance superior ás 270.000 persoas entre os catro instagrammers, máis de 3.000 comentarios,
son algunhas das cifras que suma a iniciativa Instagrammers no Camiño, que tivo continuidade nas redes sociais despois de que os catro protagonistas remataran a súa experiencia, que os levou entre o 8 e o 11 de xullo polo Camiño Portugués.
A Axenda Dixital Galicia 2020 logrou os seus obxectivos dunha maior dixitalización da sociedade, un maior impacto socio económico e a creación de oportunidades. Neste sentido, en todo o período 2015-2020 a interacción das persoas de Galicia coa Administración por medios electrónicos foi superior á media de España e da Unión Europea. As xestións en liña representan xa o 78 % das interaccións coas administracións en Galicia. Rexistrouse tamén un incremento significativo no uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), sobre todo nos grupos de maior idade. A evolución das persoas que declara ter usado internet nos últimos 3 meses foi tamén superior á media estatal e europea.
Unvex, o maior evento de vehículos non tripulados que se celebra en España, dará cita aos principais expertos nacionais e internacionais e empresas do sector os días 7, 8 e 9 de xullo na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, na Escola Naval de Marín e no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) en Castro de Rei (Lugo). Unvex ten confirmadas preto de 70 empresas expositoras que amosarán as súas novidades tecnolóxicas nos máis de 2500 metros cadrados de exhibición, entre os que destacan compañías tractoras do sector aeroespacial así como pequenas e medianas empresas e operadoras.
O equipo UVigo Aerotech, formado por alumnado do campus de Ourense, principalmente da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, xa está en Alemaña para competir na Air Cargo Challenge 2024, un dos certames máis importantes de aeronaves de competición. Farao co seu novo dron, MIR-10, froito de todo un curso de traballo colectivo no seu deseño, fabricación e ensamblaxe.
Unha xornada de traballo reuniu a 30 relatores de 9 países no XII Taller Internacional sobre Intelixencia Artificial: Novos Paradigmas en Informática Biomédica, organizado polo CITIC e o Grupo de Investigación Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos -Informática Médica e Diagnóstico Radiolóxico (RNASA - IMEDIR) da UDC, xunto con Biofarma e IKERDATA. Este evento tivo lugar de forma simultánea na UDC, a USC e a UPV.
Seis investigadoras referentes, seis retos e seis olladas de futuro. Así é a segunda edición da serie documental Desafíos do Océano: científicas ao mando, un proxecto posto en marcha pola Universidade de Vigo a través do Campus do Mar no que investigadoras de diferentes ámbitos do medio mariño contan a súa visión e experiencia ante novos retos de futuro.
O CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, ultima os preparativos da VII edición do seu Annual Meeting, que terá lugar os días 18 e 19 de xullo, co obxectivo de reunir anualmente a científicos e científicas de todo o mundo para compartir a súa experiencia e poder actualizarse nos últimos avances en Química, Bioloxía, Medicina e saúde.
O CICA da Universidade da Coruña inaugurou unha exposición de pezas impresas en 3D que representan as liñas de investigación do centro. A asociación de estudantes da UDC, UDCBIGBANG, promoveu a iniciativa este ano, logrando recompilar o traballo dos grupos de investigación do centro e representalo a través de 38 pezas que quedarán expostas de forma permanente no CICA.
A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) a través do grupo de traballo da Sectorial de Secretarías Xerais, acolle este xoves 20 e o venres 21 as III Xornadas de delegados e delegadas de Protección de datos de Universidades Españolas.
La tecnológica lucense NOAINNOVA lanza un novedoso programa de formación en Inteligencia Artificial. Este programa está diseñado para potenciar los conocimientos y habilidades necesarios para liderar en un mundo donde la relación humano-máquina está transformando el futuro de las empresas.
O Congreso Español de Informática (CEDI) reúne durante estes días na Coruña ao redor de 1.100 profesionais. Trátase dun foro para promover sinerxías de investigación, institucionais e empresariais, brindando a oportunidade de establecer relacións de colaboración e intercambiar coñecementos científicos e tecnolóxicos.
O proxecto Nature FIRST, no que participa 3edata, está a xerar solucións innovadoras para a monitorización da biodiversidade. A empresa de base tecnolóxica presentou en Frascati (Italia), no marco do Seminario sobre crimes ambientais e o papel das novas tecnoloxías de observación da Terra, as súas últimas achegas para esta investigación no eido da cartografía de hábitats en espazos protexidos.
O uso de intelixencia artificial para mellorar as entrevistas forenses con vítimas infantís, as pegadas dixitais que deixan os traficantes de persoas ou as formas de afrontar as ciberagresións son algúns dos temas que se abordarán desde este mércores 12 ata o venres 14 de xuño na 19 Conferencia da Academia Internacional de Psicoloxía Investigativa, que terá lugar na Facultade de Psicoloxía compostelá.