//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 75.961 deles 15.388 son da área da Coruña, 7.745 da de Lugo, 8.229 da de Ourense, 8.908 da de Pontevedra, 20.348 da área de Vigo, 11.365 da de Santiago e 3.978 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 553 en unidades de hospitalización e 75.353 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 273.086 persoas curadas, rexistrándose 2.858 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.479.139. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.147.679.
A Xunta adaptou o novo protocolo de xestión de casos covid en centros educativos fixado a nivel nacional ao contexto específico das escolas infantís. A principal novidade deste documento é que unha aula se illará cando os casos positivos confirmados superen o 20% do total dos nenos e traballadores dun grupo de convivencia estable. O Goberno central emitiu unha directriz para todas as comunidades autónomas que ten como ámbito de aplicación os centros educativos de 0 a 12 anos. Nela establécese que pechará unha aula cando o número de positivos supere os cinco nenos ou o 20% da aula.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 72.573 deles 14.747 son da área da Coruña, 7.439 da de Lugo, 8.149 da de Ourense, 8.459 da de Pontevedra, 19.002 da área de Vigo, 10.700 da de Santiago e 4.077 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 54 están en UCI, 556 en unidades de hospitalización e 71.963 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 265.149 persoas curadas, rexistrándose 2.847 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.468.165. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.135.723.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 64.781 deles 13.049 son da área da Coruña, 6.683 da de Lugo, 8.048 da de Ourense, 7.241 da de Pontevedra, 15.902 da área de Vigo, 10.089 da de Santiago e 3.769 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 488 en unidades de hospitalización e 64.240 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 251.583 persoas curadas, rexistrándose 2.836 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.448.117. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.093.798.
A nosa comunidade é a que ten máis poboación maior de 12 anos vacinada con pauta completa, máis do 95%. Igualmente, tamén é a comunidade con máis nenos e nenas de entre 5 e 11 anos coa primeira dose posta, un 60%, e, así mesmo, lidera a porcentaxe de poboación con dose de reforzo en todos os grupos de idade. Respecto dos obxectivos establecidos na conferencia de presidentes celebrada o 22 de decembro, Galicia xa cumprira o 13 dese mes o propósito marcado para final de ano de ter vacinada con dosis de reforzo ao 80% da poboación de 60 a 69 anos.
Galicia, Castela e León, Cantabria e Asturias trasladaron á Unión Europea que os exhaustivos informes elaborados por estas comunidades autónomas demostran que 'o lobo ao norte do Douro goza dun estado de conservación favorable'. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o conselleiro de Fomento e Medio Ambiente de Castela e León, Juan Carlos Suárez-Quiñones; o conselleiro de Desenvolvemento Rural, Gandería, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente de Cantabria, Guillermo Blanco; e o conselleiro de Desenvolvemento Rural de Asturias, Alejandro Calvo, reuníronse co comisario europeo de Medio Ambiente.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 76.276 deles 14.625 son da área da Coruña, 7.919 da de Lugo, 9.615 da de Ourense, 8.632 da de Pontevedra, 17.506 da área de Vigo, 13.343 da de Santiago e 4.636 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 453 en unidades de hospitalización e 75.768 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 223.793 persoas curadas, rexistrándose 2.829 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.432.480. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.044.263.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 71.504 deles 13.623 son da área da Coruña, 7.294 da de Lugo, 9.175 da de Ourense, 8.190 da de Pontevedra, 16.139 da área de Vigo, 12.615 da de Santiago e 4.468 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 462 en unidades de hospitalización e 70.994 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 220.224 persoas curadas, rexistrándose 2.827 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.423.924. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.018.889.
Un total de 50 centros educativos de toda Galicia desenvolverán programas de integración das familias na actividade da biblioteca escolar ao longo do curso 2021/2022. Todos os centros participantes están integrados no Plan de Mellora Bibliotecas Escolares e solicitaron participar neste novo programa, cuxo obxectivo é estimular o desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar, destinadas ao conxunto da comunidade educativa ou pensadas para a formación e a participación en experiencias de lectura e de traballo coa información e medios de comunicación.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 67.724 deles 12.859 son da área da Coruña, 6.875 da de Lugo, 8.586 da de Ourense, 7.929 da de Pontevedra, 15.199 da área de Vigo, 12.010 da de Santiago e 4.266 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 449 en unidades de hospitalización e 67.222 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 218.086 persoas curadas, rexistrándose 2.817 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.418.250. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.991.312.
Arranca en Laxe a nova proposta dos Bolechas, 'Xornadas en igualdade', unha ambiciosa xira que levará a mensaxe da igualdade e a prevención da violencia de xénero a varios municipios galegos. A actividade desenvólvese en dous días: o primeiro os Bolechas se achegan para saudar á cativada e o segundo, a través dunha función, lanzarán a mensaxe da importancia que ten facermos un mundo máis xusto e igualitario.
Este miércoles tuvo lugar la entrega de los galardones del Concurso de Arquitectura Driehaus y de los Premios de las Artes de la Construcción en el salón de actos del Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. En una ceremonia presidida por el Secretario General de Agenda Urbana y Vivienda, David Lucas con aforo restringido y cumpliendo con todos los protocolos sanitarios.
A Axencia Galega de Emerxencias leva a un cento de centros escolares o seu programa de divulgación sobre o uso responsable do número único europeo 112. Para esta acción, a AXEGA volverá contar coa colaboración dos personaxes do Bolechas co fin de achegar ao público infantil a información necesaria para realizar unha chamada ao 112 de forma correcta e eficaz. Así, a partir de hoxe e durante o mes de outubro, máis dun cento de centros educativos recibirán a visita dos Bolechas.
O Foro Económico de Galicia propón no seu último informe unha imprescindible reforma estrutural na xestión das terras. Entre as catro liñas de actuación que recomendan están priorizar a explotación do monte fronte aos dereitos de propiedade, unha ordenación efectiva dos usos do solo, coherencia das políticas públicas e impulso á iniciativa privada.
Os obradoiros correspondentes á quinta edición do programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole botaron a andar este martes no CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela a través do taller Informática visual aplicada á bioloxía. A actividade foi impartida por Eva Cernadas, profesora da USC na Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e investigadora do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).
Empregar a performance como canle para expresar unha reflexión sobre a sexualidade, as identidades non normativas e os estereotipos que persisten en relación coa orientación sexual. Esta foi a proposta que o profesor Carlos Tejo trasladou ao alumnado da materia do grao en Belas Artes Proxectos de arte de acción e da que xurdiron unha serie de propostas que agora se ven plasmadas no catálogo 'Axitando a heteronormatividade'.
Só o 4% dos emprendedores abandonaron os seus plans para 2020 mentres que o 45% está reorientando o seu modelo de negocio. Son conclusións do Informe GEM-Galicia 2019-2020, elaborado polos investigadores da USC Loreto Fernández Fernández, Isabel Neira Gómez, Sara Fernández López, Emilio Ruzo Sanmartín, David Rodeiro Pazos, Marta Portela Maseda e Jacobo Feás Vázquez. Segundo os datos recadados, a COVID-19 afectará no 2020 a todas as fases do proceso emprendedor, aínda que de modo distinto.
32 institucións de 17 países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo, participan no proxecto europeo FutureMARES, que ten como obxectivo o desenvolvemento de accións, estratexias e solucións baseadas na natureza, dirixidas a mitigar os efectos do cambio climático nos ecosistemas mariños. Financiado con máis de 8 millóns de euros polo programa Horizonte 2020 da Unión Europea, a institución viguesa está representada polo grupo Future Oceans Lab.
O grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC afondará no desenvolvemento de tratamentos innovadores de cara á eliminación de antibióticos en augas residuais, así como na caracterización das comunidades bacterianas degradadoras de microplásticos, e no deseño por computador de bioprocesos innovadores para a produción sostible de produtos químicos. O Ministerio de Ciencia e Innovación aprobou a concesión de catro proxectos presentados por este grupo da USC.
A Xunta de Galicia recoñecerá o compromiso solidario de persoas e organizacións a través dos Premios Galicia de Acción Voluntaria. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a primeira convocatoria destes galardóns cos que se distinguirá tanto á voluntaria/o como á entidade de acción voluntaria de 2020, e tamén ao mellor proxecto de acción voluntaria deste ano, levado a cabo por unha entidade de xeito individual ou varias de maneira conxunta.