
A Xunta adaptou esta medida ás escolas infantís, onde as aulas non superan os 8 alumnos nas franxas de 0-1 anos; as 13 prazas na franxa de 1-2 anos e as 20 na franxa de 2-3 anos. Deste xeito, aplicarase sempre como medida o 20% da súa capacidade e non tendo por referencia os cinco nenos.
A Xunta comunicoullo xa a todas as escolas infantís de Galicia, de xeito que poidan comezar a aplicar este novo protocolo. Os centros deberán informar de todos os casos como ata o de agora, pero tan só se pecharán aulas ou centros cando se supere ese nivel fixado a nivel nacional. En calquera dos casos, deberán informar a autoridade sanitaria que será a encargada de decretar o peche da aula ou do centro.
O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición en Santiago de Compostela, cunha programación que volve situar a cidade como punto de encontro de culturas, linguas e diferentes expresións musicais. A cita reunirá artistas de máis de 16 países e con representación de 12 linguas. A programación desta sétima edición estará formada por máis de 30 espectáculos, catro producións propias, oito propostas inéditas en Galicia e unha estrea absoluta. Entre os principais nomes do cartel atópanse Aterciopelados, Bia Ferreira, Omar Souleyman, Haydée Milanés & Javier Colina, Ala.ni, António Zambujo, Magalí Sare & Vox Stellae e Marcos Coll.
Foi prsentada a Visión Estratéxica 2026-2028 da Asociación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión GaliciaNorte de Portugal. A visión estratéxica ofrece un novo marco de actuación co que se pretende reforzar o papel da cooperación transfronteiriza e consolidar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como un espazo común de oportunidades, coñecemento, innovación, competitividade e desenvolvemento. Ademais, estrutura a intervención da AECT en cinco grandes áreas -cultura, turismo, xuventude e emprego transfronteirizo e investigación e competitividade-, consolidando proxectos cun impacto recoñecido e abrindo novas frontes de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal.