
Para iso, porán en escena unha obra creada especificamente para transmitir esta mensaxe, Os Bolechas e o cavernÃcola, na que o público terá moito que dicir, como é habitual nas funcións dos Bolechas, xa que deberá axudar os monicreques a desbotar os comportamentos “cavernÃcolas” dun personaxe moi peculiar e ensinarlle a importancia de respectar a todas as persoas independentemente do xénero, raza, crenza etc.
Ademais dos rueiros e a función, os Bolechas deixarán en cada vila material didáctico para traballar dun xeito moi divertido o tema da igualdade desde as primeiras idades. Esta nova proposta didáctica dos Bolechas é unha das máis ambiciosas e completas, ao reunir nunha mesma acción múltiples iniciativas. O obxectivo é seguir afondando nunha mensaxe crucial na sociedade na que a popular familia está profundamente implicada. Hai xa varios anos que os Bolechas traballan o tema da igualdade tanto no ámbito escolar como familiar e tamén nas propostas de ocio, co obxectivo de que a cativada interiorice desde idades temperás que, malia as diferencias, nenas e nenos, mulleres e homes teñen os mesmos dereitos e deben ter as mesmas oportunidades.
Calendario da xira
A xira Xornadas en igualdade empeza este venres, 9 de outubro no concello de Laxe co pasacalles dos Bolechas corpóreos, que sairán ás 19:00 horas da Casa consistorial e irán ata a praza de Ramón Juega. O sábado 10 de outubro o salón de actos municipal acollerá a función Os Bolechas e o cavernÃcola ás 19.00 horas.
Pola súa banda, os Bolechas corpóreos estarán o sábado 10 de outubro en Chantada. Ãs 16:30 h sairán da praza do Cantón. E o domingo os monicreques estarán ás 19:00 h no Auditorio municipal.
A seguinte fin de semana as Xornadas en Igualdade chegarán a Taboadela. O sábado 17 de outubro o pasacalles dos Bolechas sairá ás 16:30 h e irá pola estrada principal ata o pavillón municipal, onde o domingo 18, ás 12:00 h, terá lugar o espectáculo de monicreques.
O 24 de outubro, ás 17:30 h os Bolechas corpóreos sairán do Campo da Feira de Val do Dubra e baixarán pola rúa Corredoira ata a casa do concello. E o domingo 25, ás 18:30 h, o Auditorio municipal acollerá Os Bolechas e o cavernÃcola.
Os Bolechas corpóreos despedirán o mes de outubro en Rodeiro. A partir das 16:30 h farán un percorrido circular desde a praza do Concello pasando pola rúa Gumersindo Areán. E o domingo 1 de novembro terá lugar o espectáculo de monicreques ás 16:30 h no pavillón municipal.
A última xornada será na Rúa, onde os Bolechas percorrerán a vila a partir das 16:30 h. Sairán da rúa Doctor Vila e pasarán polas rúas Circunvalación, Campo grande e Progreso ata chegar á praza do Concello. E xa o domingo 8 de novembro Os Bolechas e o cavernÃcola pecharán o telón ás 17:30 h no Centro Cultural Avenida.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.