
Un total de 50 centros educativos de toda Galicia desenvolverán programas de integración das familias na actividade da biblioteca escolar ao longo do curso 2021/2022. A Xunta vén de resolver a convocatoria desta nova iniciativa, Lectura e Familias, dotada con 125.000.
Todos os centros participantes están integrados no Plan de Mellora Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e solicitaron participar neste novo programa, cuxo obxectivo é estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar, destinadas ao conxunto da comunidade educativa ou especificamente pensadas para a formación e a participación destas familias en experiencias de lectura e de traballo coa información e medios de comunicación.
Deste xeito, poderán intervir con mellores recursos e eficacia na formación dos seus fillos como lectores e usuarios de información.
Esta acción enmárcase no impulso da participación das familias nas bibliotecas que a Xunta realiza a través do Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) na que se ten avanzado de xeito significativo nos últimos anos a través de programas como os Clubs de Lectura, Hora de ler ou as Mochilas viaxeiras.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.