
A través de representacións teatrais, material audiovisual e obradoiros, os Bolechas explicarán á cativada en que contextos deben realizar unha chamada ao 112 e os datos que teñen que facilitar aos xestores de emerxencias para alcanzar a resposta axeitada en cada caso.
Para iso, é fundamental que os nenos e as nenas coñezan desde as primeiras idades como funciona o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE112 Galicia), onde se reciben e xestionan todas as chamadas de emerxencias que se producen na Comunidade autónoma galega. Precisamente isto será o que poidan observar no só a través das representacións teatrais, senón tamén coa emisión dun vÃdeo dun dos personaxes, Braulio, que visitou o CIAE112 Galicia, na Estrada, para obter de primeira man unha ampla visión sobre o funcionamento dos sistema de atención e xestión telefónica de emerxencias en Galicia.
Tras a proxección do vÃdeo de Braulio, os alumnos e alumnas participarán nun obradoiro co que afondarán a asentarán os coñecementos adquiridos, asà como aclararán as posibles dúbidas que tiveran xurdido durante toda a actividade.
Con estas visitas aos colexios, a AXEGA completa un programa de divulgación sobre o uso responsable do 112 que se desenvolve desde o ano 2019 e componse de publicación de libros e cadernos de actividades, unha web educativa (https://osbolechas.gal/112/) e obradoiros nas escolas como os que darán comezo hoxe.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.