//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A demarcación hidrográfica de Galicia-Costa afronta o verán en situación de prealerta por seca prolongada e ofreceu axuda aos concellos para incentivar o aforro de auga e eliminar as fugas das redes. A Oficina Técnica da Seca, encabezada por Augas de Galicia e integrada tamén por Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural, celebrará unha nova reunión na que se manterá esta prealerta debido aos indicadores actuais. Nin as chuvias rexistradas en maio, nin as dos últimos días, tiveron efecto nos caudais circulantes, é dicir, non foron suficientes para mudar a situación de prealerta por seca prolongada que leva padecendo Galicia-Costa desde o mes de febreiro.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.086 deles 1.602 son da área da Coruña, 872 da de Lugo, 1.138 da de Ourense, 867 da de Pontevedra, 1.681 da área de Vigo, 1.485 da de Santiago e 436 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 438 en unidades de hospitalización e 7.626 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 610.377 persoas curadas, rexistrándose 3.526 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.910.225. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.664.877.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.065 deles 1.695 son da área da Coruña, 850 da de Lugo, 1.137 da de Ourense, 850 da de Pontevedra, 1.622 da área de Vigo, 1.470 da de Santiago e 435 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 23 están en UCI, 439 en unidades de hospitalización e 7.603 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 609.617 persoas curadas, rexistrándose 3.521 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.909.385. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.664.877.
Foi presentado o Foro de Identidades e Disidencias Sexuais, un espazo pioneiro que permitirá actualizar a información sobre as necesidades das persoas LGTBI para darlles unha resposta axeitada -mediante os recursos e servizos que poidan demandar- e previr as condutas violentas contra o colectivo, co obxectivo de avanzar para lograr unha sociedade en igualdade de condicións e de oportunidades para todas elas. O traballo do Foro concluirá o vindeiro ano coa presentación dos resultados e dunha guía práctica que axudará a orientar actuacións e medidas para lograr a plena igualdade e a non discriminación das persoas LGTBI.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.003 deles 1.919 son da área da Coruña, 951 da de Lugo, 1.278 da de Ourense, 970 da de Pontevedra, 1.824 da área de Vigo, 1.522 da de Santiago e 529 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 20 están en UCI, 414 en unidades de hospitalización e 8.569 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 606.910 persoas curadas, rexistrándose 3.514 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.906.979. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.662.916.
Galicia acaba de despedir unha primavera desde o punto de vista climatolóxico que se caracterizou por ser cálida e seca, un balance ao que contribuíu de forma especial o mes de maio que rexistrou temperaturas moi altas e foi seco no que respecta ás precipitacións. Aínda que o trimestre comezou cun mes de marzo que se moveu dentro da normalidade en canto ás temperaturas e cun pouco máis de chuvia do habitual, abril xa foi máis seco cun 30% menos de precipitacións que a media e maio acabou caracterizándose como moi seco tras pecharse cun déficit hídrico do 58%, o que condicionou o balance final do conxunto da estación.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.384 deles 1.843 son da área da Coruña, 905 da de Lugo, 1.191 da de Ourense, 929 da de Pontevedra, 1.582 da área de Vigo, 1.372 da de Santiago e 550 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 450 en unidades de hospitalización e 7.912 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 605.871 persoas curadas, rexistrándose 3.500 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.904.595. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.661.209.
Un equipo de físicos e xeógrafos da USC acaba de crear un descritor matemático que permite identificar os territorios máis susceptibles de gromos pandémicos e estimar o impacto das diferentes restricións de mobilidade. Este é o xermolo sobre o que se asenta o primeiro mapa de risco español ante pandemias no que os investigadores mediron a vulnerabilidade de cada localidade ao longo do Estado durante a segunda vaga da COVID-19. O estudo evidencia que un illamento por grupos de idades podería ser máis efectivo que un illamento territorial por municipios.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.847 deles 2.017 son da área da Coruña, 917 da de Lugo, 1.208 da de Ourense, 1.009 da de Pontevedra, 1.630 da área de Vigo, 1.433 da de Santiago e 621 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 459 en unidades de hospitalización e 8.361 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 603.802 persoas curadas, rexistrándose 3.496 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.901.965. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.658.342.
A análise dos patróns que se observan na distribución dos apelidos ao longo dun territorio proporciona datos sobre movementos e características das poboacións. Baixo esta premisa, unha investigación da USC acaba de constatar que Galicia atópase dividida en cinco sectores segundo a rexionalización dos apelidos. Así o afirma na súa tese de doutoramento a investigadora María José Ginzo Villamayor, quen ademais constata que estes cinco grupos aproxímanse ás divisións eclesiásticas ou dioceses nas que tamén se divide a comunidade autónoma.
O proxecto 'ConArte no Camiño. Belas Artes para a transmisión dos valores universais do Camiño', promovido polo Grupo Compostela de Universidades (GCU), busca achegar os artistas ao entorno do Camiño de Santiago para que adquiran novas experiencias vitais, que sexan fonte de inspiración na creación de obras plásticas e escenografías, e que posteriormente sirvan de vehículos da transmisión do coñecemento e propicien o seu uso didáctico.
Unha iniciativa lúdica e cultural para dinamizar o rural ourensán a través do seu patrimonio. Así se presenta PEDRA, Festival de Saberes, que se celebrará na reitoral da Chaira de Riós (Ourense) o 26 de xullo; o 27 e 28 de agosto e 4 e 5 de setembro. O certame, organizado por A Bela Auria e a Universidade de Vigo, contará cunha ampla programación de obradoiros e actividades de lecer dirixidas a todo tipo de públicos.
A Universidade da Coruña deu inicio á sétima edición da International Summer School. Ata o día 30 preto dun centenar de estudantes de 17 países participarán neste programa de formación curricular en inglés. As circunstancias actuais derivadas da pandemia fai que do centenar de asistentes, a metade curse a formación ofertada en formato presencial e o resto siga os cursos que se ofrecen en modo telemático.
O FIV de Vilalba está de volta. Celebrará este 2021 a súa 14ª edición, os días 17, 18 e 19 do próximo mes de setembro. Unha oferta musical que naceu anos atrás ao amparo das Festas Patronais de Vilalba e que, tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional. Foi a partir da cuarta edición cando o festival adquiriu entidade propia, celebrándose ininterrumpidamente nos meses primaverais ano tras ano; ata a chegada da Covid19.
A Xunta e a Asociación de Periodistas de Galicia presentaron hoxe a campaña #IgualdadeFollowers coa que se pretende reivindicar o papel da muller en Galicia e concienciar á mocidade sobre a importancia de seguir loitando cara á igualdade real e efectiva da sociedade que, en palabras da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, pasa pola educación das novas xeracións.
Sacar á luz o labor historicamente invisibilizado que desenvolven as mulleres na sociedade e contribuír a deconstruír os estereotipos de xénero no relativo a traballos supostamente propios de mulleres ou homes é a meta sobre a que se asenta o certame de fotografía Ruth Matilda Anderson que neste 2021 chega á súa sétima edición. O prazo para participar nesta iniciativa manterase aberto ata o vindeiro 10 de setembro.
O pistoletazo de saída da quinta edición de 17°Ribeira Sacra Festival tivo lugar esta mañá na presentación do festival no restaurante con Estrela Michelin A Tafona (Santiago de Compostela), fogar da encargada de preparar toda a proposta gastronómica este ano, e á que asistiron Jacobo Sutil, director de Agadic, Carlos A. Montilla, director do festival, Lucía Freitas, chef responsable de A Tafona e representantes dos Concellos e diferentes marcas.
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller desenvolverá ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro diversas sesións de divulgación astronómica en 22 concellos galegos grazas ás iniciativas 'As estrelas do camiño' e 'Camiños de Estrelas'. Os expertos en Astronomía do Observatorio desprazaranse a Padrón, Teo, Lalín, Noia, Boqueixón, Sanxenxo, O Barco de Valdeorras, Rianxo, Allariz, Santa Comba, O Grove, Monforte de Lemos, e Vedra.
Vigo convértese dende hoxe e ata o venres na capital virtual da XXIV Reunión da Sociedade Española de Bioloxía de Plantas e o XVII Congreso Hispano-Luso de Bioloxía de Plantas, o BP2021. O encontro reúne nestas tres xornadas máis de 300 investigadoras e investigadores internacionais, moitos deles de vangarda, para debater e coñecer os últimos avances conceptuais e tecnolóxicos neste eido.
Os incendios forestais son un problema complexo que afecta a numerosas zonas do planeta, impactando gravemente no medio ambiente, así como desenvolvemento rural e na súa economía. Aínda que se realizaron investigacións e avances técnicos substanciais nos últimos anos, a superficie que arde todos os anos é moi importante e en moitos casos non se adoptan prácticas de restauración nin de conservación de solos.