
A esta iniciativa, co-liderada polas universidades de Santiago e da Coruña, foron convidadas a participar as 61 universidades socias do GCU. Os estudantes de grado, posgrao e investigadores destas institucións poden enviar as súas solicitudes para optar ás bolsas da actividade ata o 30 de xullo de 2021. As persoas que as reciban terán cuberto o aloxamento, a manutención, os traslados locais, o material para as súas creacións artísticas e o seguro de responsabilidade civil.
Na segunda fase do proxecto, as 18 persoas seleccionadas participarán do 23 ao 29 de setembro en actividades académicas, culturais e de integración social, desenvolvidas ao longo do Camiño de Santiago na comarca de Ferrol. O seu percorrido culminarase cun congreso final, que terá lugar o vindeiro 30 de setembro en Santiago de Compostela. Ademais, ConArte no Camiño incorpora un plan de sustentabilidade que contempla a creación do Club da Caldeira de Artistas do GCU, no que os seus membros interactuarán na procura de novas oportunidades vencelladas ás Belas Artes, á transmisión dos valores europeos e á divulgación da riqueza patrimonial do Camiño.
O Grupo Compostela de Universidades
O Grupo Compostela de Universidades é unha asociación internacional sen ánimo de lucro, recoñecida en 2020 como entidade de utilidade pública, que traballa en favor da colaboración e promove o diálogo en todos os ámbitos da Educación Superior. O GCU comezou a súa andaina no ano 1994 e desde a súa creación foi crecendo ata unir ao seu camiño a máis de 60 universidades de todo o mundo. Todos os membros do Grupo Compostela de Universidades comparten os valores de cooperación e integración desenvolvidos en torno ao Camiño a Santiago.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.