Notas de prensa

Alumnado de 17 países comezou os cursos de formación da International Summer School da UDC

A Universidade da Coruña deu inicio á sétima edición da International Summer School. Ata o día 30 preto dun centenar de estudantes de 17 países participarán neste programa de formación curricular en inglés. As circunstancias actuais derivadas da pandemia fai que do centenar de asistentes, a metade curse a formación ofertada en formato presencial e o resto siga os cursos que se ofrecen en modo telemático.

A Escola Técnica Superior de Arquitectura acolleu onte o acto de benvida ao novo alumnado. A coordinadora da ISS, Begoña Crespo, o director da Oficina de Relacións Internacionais, Evaristo Zas, e o director da Escola de Arquitectura, Plácido Lizancos, abriron as aulas da UDC ao estudantado procedente de Italia, Rusia, Serbia, Montenegro, Ucraína, Kazaxistán, Perú, República Dominicana, Estonia, Alemaña, Xeorxia, Exipto, Brasil, Armenia, Bielorrusia, Colombia e Arxelia. Ademais das clases dos cursos presenciais, o alumnado ten un programa social para coñecer a cidade e o seu contorno.

Os cursos que se imparten son:

Arabic language and literature
Financial Markets Analysis: Basics of Derivatives
Financial shocks, Financial Stability and Irrationality in Decision Making
International Courts And Tribunals
International Marketing and Brand Management
Tourism, Creativity and Development
3D Laser Scanning and Imaging
Methodology of Project Management, Development & organization of international projects
Basics of data analysis using Python
The Power of Persuasion and Negotiation Skill
Formal methods in Architecture and Urbanism (SCAVA)
Introduction to Computer Vision and Deep Learning
Materials Science
Agile Project Management

A International Summer School da UDC rematará o vindeiro venres, 30 de xullo ás 12h cunha entrega de diplomas aos participantes que superen a avaliación.

Universidade da Coruña, 2021-07-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES