
A primeira das sesións terá lugar o vindeiro 15 de xullo, ás 22.30 horas, no Miradoiro do Lapido en Padrón.
Cada actividade —dirixida ao público en xeral e co control de cada concello—, vai consistir nunha charla previa sobre cuestións astronómicas de interese para logo pasar ás observacións, “tanto a simple vista, de recoñecemento de constelacións, identificación do triángulo de verán e mesmo da VÃa Láctea”, explica o director do Observatorio José Ãngel Docobo. “Finalmente levaranse a cabo as observacións telescópicas con instrumental levado polo propio Observatorio. Neste caso, os planetas, estrelas dobres, nebulosas e cúmulos estelares serán o obxectivo principal, mesmo a Lúa se é o caso”, engade.
Durante as sesións, o público, que deberá respectar escrupulosamente as medidas sanitarias esixidas en cada concello, será informado sobre as caracterÃsticas fÃsicas de cada astro observado, mitoloxÃa e demais datos adicionais, coa finalidade de que a sesión sexa “non só un interesante encontro cientÃfico-cultural, senón unha forma tamén de pasalo ben dun xeito seguro nas nosas fermosas noites estivais”, matiza o profesor Docobo.
‘Camiños de estrelas’
Logo da sesión celebrada o pasado venres en Melide, o Observatorio dará pulo tamén a novas accións de divulgación en PortomarÃn, Sarria, Mondoñedo, Arzúa, Ribadeo, O Pino, Fisterra e Santiago de Compostela, todas elas dentro do programa ‘Camiños de estrelasÂ’, organizado polo Consejo Jacobeo, a través da iniciativa e coordinación técnica de Turismo de Galicia, en cinco Comunidades Autónomas. Alén das nove sesións galegas, realizaranse accións de divulgación astronómica en Aragón (3 sesións), Asturias (2), Cantabria (3) e Castela e León (7).
A coordinación cientÃfica deste macro proxecto corre a cargo do profesor José Ãngel Docobo, e conta coa colaboración da Agrupación Astronómica de Burgos, Agrupación Astronómica Cántabra, Agrupación Astronómica de Huesca, Agrupación Astronómica Palentina, Asociación Cielos Despejados de Oviedo, Asociación Leonesa de AstronomÃa e a Sociedad Astronómica Asturiana OMEGA.
Se por razóns meteorolóxicas ou doutra Ãndole, non se puidera facer unha sesión, esta adiarÃase para outra data. Todas as actividades que se van realizar en Galicia correrán a cargo de José Ãngel Docobo, Pedro Pablo Campo, MarÃa Brea, Jorge Gómez e Luca Piccotti.
A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar tÃtulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro MarÃa Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquÃ, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.