Notas de prensa

Arrinca a 5ª edición de 17° Ribeira Sacra Festival

O pistoletazo de saída da quinta edición de 17°Ribeira Sacra Festival tivo lugar esta mañá na presentación do festival no restaurante con Estrela Michelin A Tafona (Santiago de Compostela), fogar da encargada de preparar toda a proposta gastronómica este ano, e á que asistiron Jacobo Sutil, director de Agadic, Carlos A. Montilla, director do festival, Lucía Freitas, chef responsable de A Tafona e representantes dos Concellos e diferentes marcas.

Pero non será ata a tarde do venres a bordo do catamarán Ponte do Sil cando o público descubrirá ao artista do Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra. Desta maneira comezará 17°Ribeira Sacra Festival 2021, cunha experiencia irrepetible, á altura de todo o que vivirán os asistentes os próximos 16, 17 e 18 de xullo nun territorio máxico como é a Ribeira Sacra.

Porque o que completa esta proposta cultural e culinaria é, sobre todo, o espectacular enclave no que se desenvolve. Os sete escenarios do festival destacan pola súa singularidade; as Bodegas as Regina Viarum, onde está situado o Escenario Xacobeo 21·22, o Miradoiro de Santiorxo e as impresionantes vistas do Escenario Momentos Alhambra, o catamarán de Ponte do Sil, Escenario Deputación de Lugo, a Reitoral de Gundivós, a fusión entre tradición oleira e vinícola; a Adega Vía Romana, os interminables xardíns do Eurostars Pazo de Sober e o Centro histórico de Chantada.

Nesta quinta edición, 17º Ribeira Sacra aposta por impulsar a oferta gastronómica grazas ao patrocinio de Cervezas Alhambra. Showcookings e maridaxes culinarias deseñadas por chefs galegos de referencia, como Carlos J. González, Juan Crujeiras e Lucía Freitas, será a responsable de deseñar a proposta gastronómica do festival que se poderá degustar nas zonas situadas en Regina Viarum e Eurostars Pazo de Sober.

“Misto Lucía Freitas” é a aposta da Chef con Estrela Michelin para achegar a súa visión a un festival que conta cunha gran traxectoria na promoción do equilibrio entre cociña tradicional e moderna co produto próximo e de calidade como fío condutor en cada unha das edicións.

17º Ribeira Sacra é moito máis que música, pero esta resulta fundamental. A proposta consolídase precisamente grazas a un cartel espectacular composto por artistas nacionais e internacionais: The Gift, Depedro, Silvana Estrada, The Excitements, Budiño & Novoa, Alberto & García, Bronquio, Ian Kay, Terrier, dani, Sofía Comas, Auto Sacramental, Ale e Rapariga dj. Ademais, esta quinta edición volve contar de novo cun invitado especial, Ãngel Carmona.

Entre as actividades que se poderán desenvolver durante as tres xornadas do festival, destacan a cata inmersiva musical, a cata a cegas por parellas, o roteiro ao miradoiro de Pena do Castelo ou por primeira vez este ano, o festival contará cuns encontros que se poderán seguir a través da canle de Twitch do festival.

O festival chegará ao seu fin o domingo pola tarde cun evento Especial de Clausura co concerto de Ale, maridaxe da man do restaurante Ceibe con produtos de Galicia Calidade e cata de viños Vía Romana, e unha sesión DJ a cargo de Isaac Pedrouzo. Pero antes, durante a mañá, a xornada desenvolverase no Centro histórico de Chantada coa artista madrileña Sofía Comas e a viaxe polo universo que crearon Budiño & Novoa.

17º Ribeira Sacra conta ademais con servizo de autobús interno, que desprazará aos asistentes entre os diversos escenarios nos que se desenvolverá o evento. Todos os horarios de concertos, actividades e autobuses poden consultarse na web do festival.

PRESENTACIÓN FESTIVALES PARA UN TERRITORIO

17º Ribeira Sacra Festival e Esférica Rioja Alavesa comparten o elemento diferenciador de ofertar un evento cultural transversal que pon en valor o territorio onde se celebran. Maridando música, enoloxía, gastronomía, arte e patrimonio, unha experiencia completa para as persoas asistentes.Son Festivais para un territorio; desenvólvense baixo a mesma dirección, cun diálogo constante entre ambos os eventos

Unha aposta inigualable presentada en Madrid na que se abordou xa non só a creación de márca Festivais para un territorio, senón tamén o momento en que marcas como Cervezas Alhambra ou Pernod Ricard deciden apostar por este tipo de festivais. Durante a presentación, tanto Ãlvaro Trujillo como Hugo Pérez, Brand Managers de Alhambra, resaltaron o compromiso que desde Alhambra manteñen con experiencias de calidade como 17º Ribeira Sacra Festival e Esférica Rioja Alavesa.

A presentación finalizou coa actuación de Silvana Estrada, unha das artistas que actuarán este ano na quinta edición de 17º Ribeira Sacra Festival. Escoitala é confirmar a prolongación da tradición sonora mexicana cun novo aire pero sen desdibujar a súa esencia.

COMPROMISO CONTINUADO COA CULTURA

Galardoado en 2020 co “Best Small Festival” do noso país nos Iberian Festival Awards, 17º Ribeira Sacra Festival é xa un dos eventos imprescindibles do verán no norte peninsular.

Coas súas diferentes edicións, 17º Ribeira Sacra Festival quixo reinterpretar a personalidade do territorio a través de figuras nacionais e internacionais da música, a cultura, o viño, a gastronomía, o patrimonio… E en 2021, grazas a Cervezas Alhambra, esta quinta edición do festival contará cunha importante oferta gastronómica con experiencias e maridaxes culinarios da man de chefs Alhambra de prestixio e con presenza en diferentes escenarios e localizacións. Para a cervexeira, dentro da gastronomía, un dos principais ingredientes é o tempo e a Ribeira Sacra constitúe o mellor das contornas para gozala.

17° Ribeira Sacra Festival, 2021-07-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
Foto de la tercera plana (golpes-bajos.jpg) O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.

Notas

A Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 22 de outubro a IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID), un encontro que reunirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC (ETSAC) profesorado das tres universidades públicas galegas para compartir experiencias, boas prácticas e propostas ante os novos retos da docencia universitaria.
A maior presenza de proxectos tecnolóxicos ou xurdidos da investigación universitaria entre as iniciativas de emprendemento seleccionadas é un dos aspectos destacados dá XIII Pont-Up Store. Promovido pola UVigo e organizado pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, este encontro do emprendemento permite a 48 novas iniciativas empresariais dar a coñecer os seus produtos e servizos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES