Notas de prensa

'Plantando cara ao Lume', agora máis que nunca

Os incendios forestais son un problema complexo que afecta a numerosas zonas do planeta, impactando gravemente no medio ambiente, así como desenvolvemento rural e na súa economía. Aínda que se realizaron investigacións e avances técnicos substanciais nos últimos anos, a superficie que arde todos os anos é moi importante e en moitos casos non se adoptan prácticas de restauración nin de conservación de solos.

A falta de formación de calidade e a baixa concienciación social antóllanse como posibles causas dunha contradición á que a USC pretende, agora máis que nunca, sumar a súa particular achega a través do proxecto Plantando cara ao Lume, unha iniciativa coordinada polo catedrático da USC na EPS de Enxeñaría de Lugo Agustín Merino e que, a través dun enfoque e dunha metodoloxía Aprendizaxe-Servizo (ApS) ofrece ao estudantado a posibilidade de participar de xeito activo na loita contra os incendios forestais con proxectos de prevención, restauración e sensibilización en zonas afectadas por incendios.

O deseño e o proceso de implementación destas actuacións dan pé a múltiples interaccións entre educadores, investigadores, empresas forestais, ONGs e administracións, segundo sinala Merino. Este investigador da USC lembra asemade que se ben Plantado cara ao Lume xurdiu como proxecto en 2016 da man da USC nunha das rexións europeas máis castigada polas lapas, un lustro despois, logo da implicación do Ministerio de Ciencia e Innovación e ao abeiro do programa Erasmus, esta iniciativa conseguiu espallar a súa metodoloxía no plano internacional implicando a diferentes grupos de traballo de España, Portugal, Italia e Grecia.

Fases do proxecto

O proxecto está estruturado en tres fases: Formación de persoal e produción de materiais para actividades interactivas con estudantes a través de ferramentas virtuais innovadoras, desenvolvemento de proxectos ApS útiles para a sociedade e co alumnado como protagonista, e avaliación dos impactos sobre a formación de estudantes e sobre a percepción dos diferentes actores, a través de enquisas e entrevistas específicas.

Alén destas actuacións, Plantando cara ao Lume contempla asemade diferentes eventos de difusión para sensibilizar e intercambiar boas prácticas na xestión de procesos educativos. Este traballo favoreceu o deseño da aínda incipiente Rede de Formación en Incendios Forestais, accesible en Fuegored.

Outra das iniciativas que avanza na mesma liña é que a está a protagonizar desde o mes de xuño a estudante de Comunicación Audiovisual na USC Carmen Grandío, responsable da acción ‘Agora máis que nunca, Plantando cara ao Lume’, a través da que esta alumna informa e sensibiliza sobre a problemática dos lumes forestais cunha newsletter quincenal, así como con actividade a través das redes sociais.

Esta estudante coruñesa é unha dos máis de 100 universitarios ligados a ámbitos tan dispares como as ciencias forestais educación, bioloxía, xornalismo… ademais doutros moitos estudantes e docentes de ensino non universitario que xa deixaron a súa pegada no proxecto Plantando cara ao Lume.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-07-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
Foto de la tercera plana (golpes-bajos.jpg) O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.

Notas

A Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 22 de outubro a IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID), un encontro que reunirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC (ETSAC) profesorado das tres universidades públicas galegas para compartir experiencias, boas prácticas e propostas ante os novos retos da docencia universitaria.
A maior presenza de proxectos tecnolóxicos ou xurdidos da investigación universitaria entre as iniciativas de emprendemento seleccionadas é un dos aspectos destacados dá XIII Pont-Up Store. Promovido pola UVigo e organizado pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, este encontro do emprendemento permite a 48 novas iniciativas empresariais dar a coñecer os seus produtos e servizos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES